19. Falar cun profesional
“Falar cun loqueiro!, de ningún xeito!”.... esto é o que eu imaxino que lles pasará pola testa a algunhas persoas que corren despavoridas cando lles recomendan porse nas mans dun profesional para tratar de mellorar as súas reaccións emocionais e ao fin e ao cabo de sentirse mellor. Pois ben, falar cun profesional, ben psicóloga ben couch, é para min un paso importante para superar con éxito unha separaciónsentimental . Os psicólogos e os couch son, en palabras do meu pai, os curas do s.XXI pois a eles acudimos a contar os nosos problemas porque nos escoitan. A confesión moderna. Poderíamos pensar que falar cos nosos amigos é suficiente, e aproveito para lembrar a importancia de “ Compartir tempo cos amigos ” coma un dos pasos para recuperase dunha ruptura en tempo exprés. Sen embargo, eu non comparto a opinión de que só as conversas cos amigos son suficientes e non a comparto por 2 motivos: 1.- Os nosos amigos están vinculados a nós e dun xeito ou doutro a esa r...