19. Falar cun profesional
“Falar cun loqueiro!, de
ningún xeito!”.... esto é o que eu imaxino que lles pasará pola testa a
algunhas persoas que corren despavoridas cando lles recomendan porse nas mans
dun profesional para tratar de mellorar as súas reaccións emocionais e ao fin e
ao cabo de sentirse mellor. Pois ben, falar cun profesional, ben psicóloga ben
couch, é para min un paso importante para superar con éxito unha separaciónsentimental.
Os psicólogos e os couch son,
en palabras do meu pai, os curas do s.XXI pois a eles acudimos a contar os
nosos problemas porque nos escoitan. A confesión moderna.
Poderíamos pensar que falar
cos nosos amigos é suficiente, e aproveito para lembrar a importancia de “Compartir tempo cos amigos” coma un dos
pasos para recuperase dunha ruptura en tempo exprés. Sen embargo, eu non
comparto a opinión de que só as conversas cos amigos son suficientes e non a
comparto por 2 motivos:
1.- Os nosos amigos están vinculados
a nós e dun xeito ou doutro a esa relación de parella que se rompeu-. Vamos, que non son independentes!
2.- Nin os nosos amigos nin nós nacemos aprendidos e na escola non nos deron
clases sobre os recursos e ferramentas para a xestión das accións e das
emocións. Así que necesitamos falar con alquén que nos poida ofrecer eses
recursos e ferramentas para ser conscientes do que queremos, do que nos está a
pasar, do que estamos a sentir, de cómo podemos mellorar o noso estado de ánimo
e de cómo podemos avanzar na vida.
Cando nos sentimos desbordados por unha situación ou polas nosas
emocións, ¿por qué non acudir a un profesional?
Profesionais que teñen a
formación e a independencia necesarias para acompañarnos no proceso de duelo e ensinarnos
as ferramentas que precisamos para mellorar. Profesionais que escoitándonos e falando con nós, acompáñannos
para remontar o bache da ruptura e para crecer aínda máis como boas persoas.
Non tódalas persoas teñen a
sorte de contar cun grupo de profesionais como os que eu conto ao meu redor. E gustaríame aproveitar esta publicación
para agradecerlle a súa adicación comigo. Graciñas.
Din que Roma ben vale unha
misa, e eu digo que recuperase dunha ruptura ben vale unhas sesións de terapia.
Se che gustou esta
publicación, podes compartila con quen creas lle pode resultar de interese.
Vémonos no seguinte paso, no
seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario