Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2017

22. Facer as paces co pasado: destroar ao ex

Imaxe
E neste post volto escribir sobre o amor, o desamor e cómo recuperarnos con éxito tras unha ruptura cun novo paso. En ocasións temos a necesidade de mirar atrás nas nosas vidas e de arranxar o roto, aquelo que non fomos capaces de arranxar antes. En ocasións sentimos a necesidade de aquietar o corazón das pantasmas do pasado. Facer as paces co pasado non significa, recuperar a amizade coas nosas exparellas, pois que confiaramos nunha persoa nun momento da nosa vida non significa que teñamoss que volver confiar nela. De feito, cando a confianza se perde é difícil -por non escribir imposible- recuperala. E recuperar a amizade non é o mesmo que manter a amizade. Lembras o post sobre o de manter a amizade tras unha ruptura ? Facer as paces co pasado implica recoñecer o bo e o malo dunha relación, de perdoar e pedir perdón á nosa exparella, de perdoarnos a nós mesmos e mesmo de darlle unha forte aperta á nosa exparella. Fai uns meses lendo un libro de Joan Garriga descrubrí...