22. Facer as paces co pasado: destroar ao ex

E neste post volto escribir sobre o amor, o desamor e cómo recuperarnos con éxito tras unha ruptura cun novo paso. En ocasións temos a necesidade de mirar atrás nas nosas vidas e de arranxar o roto, aquelo que non fomos capaces de arranxar antes. En ocasións sentimos a necesidade de aquietar o corazón das pantasmas do pasado.

Facer as paces co pasado non significa, recuperar a amizade coas nosas exparellas, pois que confiaramos nunha persoa nun momento da nosa vida non significa que teñamoss que volver confiar nela. De feito, cando a confianza se perde é difícil -por non escribir imposible- recuperala.

E recuperar a amizade non é o mesmo que manter a amizade. Lembras o post sobre o de manter a amizade tras unha ruptura?

Facer as paces co pasado implica recoñecer o bo e o malo dunha relación, de perdoar e pedir perdón á nosa exparella, de perdoarnos a nós mesmos e mesmo de darlle unha forte aperta á nosa exparella.

Fai uns meses lendo un libro de Joan Garriga descrubrín o concepto de relacións monogámicas sucesivas, as relaciones entre 2 persoas que se van encadeando no tempo, de xeito que a ruptura dunha relación dá paso a outra relación. E se temos unha cadea de parellas, temos tamén unha cadea de exparellas.

 Un xeito moi sinxelo de facer as paces co pasado é destroando exparellas!

Destroar exparellas é un xogo divertido! Cando tenemos un novo ex, realizamos o seguinte rito, sacámoslle a coroa e o trono á anterior exparella e ahí, no trono e coa coroa, sentamos á última exparella. O anterior ex é desprazado do trono polo último ex!  Cando o anterior ex é detronado é moito máis doado falar con él, enterrar a machada de guerra e incluso podemos chegar a entenderlo.

E cando será destroadao este último ex? 

Pode que cando aparezca outro ex que o desprace! Debo dicir, que quero que este último quede ahí no trono unha boa tempada.

Pode que co paso do tempo, será suficiente 6 años como paso do tempo? Pois para uns sí, para outros non.

E pode que nunca, pois hai personas coas que non paga a pena nin voltar saludarse. 

Boas parellas vs malos ex.

Ao facer as paces co pasado, e coa distancia do tempo podemos ver o fenómeno de cómo as malas parellas se convirten un  bos exs o cómo as boas parellas en malos ex. 

Quen é un mal ex? Por exemplo aquel que te contacta o día da túa voda para preguntarche polo nome do hotel no que vos hospedárades naquela viaxe a Bali.

Tamén é un mal ex o que te contacta tras a ruptura na data do aniversario de voda para felicitarte con un “quérote”. Si, estás lendo ben, e efectivamente, non é bo deixar a medicación, que despois a cabeza vese afectada.

Tamén é un mal ex o que aproveita a mínima oportunidade para mandarche mensasiños de “lembrome moito de ti” “extráñote”… e esas palabras destrózanse cos feitos.

É un mal ex  aquel ante o que te preguntas se estás a falar con “el” ou cun actor. Pola cantidade de mentira que desprende.

Neste post, gustaríame facer unha mención especial, a aqueles que aínda puidendo ter sido mellor parellas, son bos ex.

E quen é un bo ex?
É un bo ex aquel que se ofrece a axudar nun momento familiar difícil ou aquel que che bota un cable para unha mellora profesional, ou aquel que unha vez o ano te escribe polo teu cumpreanos e debuxa na cara un bonito sorriso. Con toda claridade, un bo ex é aquel que te deixa vivir en Paz.

Escribiendo este post, decido escoller, e escollo quedarme co mellor, coas mellores lembranzas das boas parellas e cos beneficios dos bos ex.

Anímote a escoller e a compartir este post se che resultou divertido.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir