Do xeito de relacionarnos as persoas
Son máis de 20 posts os que escribín desde o inicio deste blog sobre os pasos para recuperarse con éxito tras unha ruptura sentimental, e aínda hai moitos máis recursos dos que podemos botar man. Alguen pode pensar que o paso do tempo é suficiente para reporse desa situación. Por suposto que é certo que o tempo todo o cura, o tempo é un grande aliado sempre que empreguemos os recursos axeitados. Para mín, escribir é un bo medio para mellorar na vida. Descubrino hai máis de 10 anos cando o meu nivel de estrés profesional estaba acadando cotas difíciles de superar. E aquí estou, de novo a escribir. Un grupo de amigas anímanme agora a que escriba sobre o Amor e ¿por qué non? Do xeito de relacionarse das persoas en canto ao compromiso e á diversión. Pois, ¿non é a diversión un dos motivos polos que vivimos? Desfrutar da vida é para min a resposta recurrente cando me preguntan PARA QUÉ vives? PARA QUÉ fas isto? PARA QUÉ escribes? Para desfrutar…. Así o ...