Do xeito de relacionarnos as persoas

Son máis de 20 posts os que escribín desde o inicio deste blog sobre  os pasos para recuperarse con éxito tras unha ruptura sentimental, e aínda hai moitos máis recursos dos que podemos botar man.  Alguen pode pensar que o paso do tempo é suficiente para reporse desa situación. Por suposto que é certo que o tempo todo o cura, o tempo é un grande aliado sempre que empreguemos os recursos axeitados.

Para mín, escribir é un bo medio para mellorar na vida. Descubrino hai máis de 10 anos cando o meu nivel de estrés profesional estaba acadando cotas difíciles de superar. E aquí estou, de novo a escribir.



Un grupo de amigas anímanme agora a que escriba sobre o Amor e ¿por qué non? Do xeito de relacionarse das persoas  en canto ao compromiso e á diversión.  Pois, ¿non é a diversión un dos motivos polos que vivimos? Desfrutar da vida é para min a resposta recurrente cando me preguntan PARA QUÉ vives? PARA QUÉ fas isto? PARA QUÉ escribes?

Para desfrutar…. Así o sinto. 

Así que neste post irei engadindo as diferentes publicacións sobre o xeito que temos as persoas de relacionarnos, para e desde o Amor, ás veces.

1.- Non teño mozo, teño un amigo
a. Non teño mozo, teño un amigo

b. Na casa dos sogros. Os casados casa queren

2.-  Vivir nunha grande cidade vs ser da aldea
 a. Os casados habitación queren

b. Os casados cama queren

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir