Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2018

A amizade é xenerosidade, en tempo, en escoita activa

Imaxe
A amizade é xenerosidade, en tempo, en escoita activa No post anterior afirmei que a amizade require confianza e tempo. Si, e tamén falei de adicarnos tempo  a un mesmo, noutro post. E do mesmo xeito que unha parella, unha relación de amizade requiere coidados ao longo do tempo. Nin nunha amizade de 20 anos, desas nas que “somos amigos desde parbulitos” se pode ter a certeza absoluta que esa amizade ha durar sempre. Don’t give anything for granted. Lembra . Versión en español Persoalmente, dun bo amigo, agardo, ademàis de confianza e tempo adicado, unha boa escoita.    E ¿por qué? Porque é o que eu ofrezo coa miña amizade.  Namórame escoitar. E a boa escoita complícase hoxe en día coas RRSS e as cadeas interminables de wassups. Xa sabemos que moita xente nin os lee, e parte dos que as leen non   as entenden. Así atopamonos cun amigo a quen lle propuxeches para quedar a xantar e despois acompañarte a deixar o coche no taller para así volver ...