A amizade é xenerosidade, en tempo, en escoita activa


A amizade é xenerosidade, en tempo, en escoita activa

No post anterior afirmei que a amizade require confianza e tempo. Si, e tamén falei de adicarnos tempo a un mesmo, noutro post. E do mesmo xeito que unha parella, unha relación de amizade requiere coidados ao longo do tempo. Nin nunha amizade de 20 anos, desas nas que “somos amigos desde parbulitos” se pode ter a certeza absoluta que esa amizade ha durar sempre. Don’t give anything for granted. Lembra.

Persoalmente, dun bo amigo, agardo, ademàis de confianza e tempo adicado, unha boa escoita.  E ¿por qué? Porque é o que eu ofrezo coa miña amizade. Namórame escoitar.

E a boa escoita complícase hoxe en día coas RRSS e as cadeas interminables de wassups. Xa sabemos que moita xente nin os lee, e parte dos que as leen non  as entenden. Así atopamonos cun amigo a quen lle propuxeches para quedar a xantar e despois acompañarte a deixar o coche no taller para así volver xuntos ao centro , que che responde que xa que non tes o coche, que te recolle cedo no aeroporto e despois almorzase no café Berlín, que teñen uns sabrosos croisants.

Escoitar activamente é tamén outro pilar fundamental na amizade, e xa van tres. Confianza, tempo e escoita activa

Por diversos motivos, non todos estamos sempre á altura das circunstancias e non sempre respondemos como o noso amigo agarda. Aquí topamos coa frustración, esa que aparece cando a miña expectativa sobre a acción dun amigo non se corresponde coa percepción que ese amigo ten sobre a mesma acción.


Mais deixando a parte as frustracións e tendo en conta que a amizade require tempo, e o tempo é un ben escaso nestes días, é normal que non lle prestemos tanta atención a aqueles amigos que dan todo por feito e que non nos adican un chisco de tempo cando o precisamos.

O feito de ter un amigo que sempre acompañe ás persoas que están no seu circulo social e ofreza solucións, non significa que ese amigo se comporte de igual xeito con nós. Pois, por unha banda na amizade tamén hai niveis, e por outra, se damos a amizade por feita e non a coidamos día a día, é normal que cando queiramos contar co calor e cariño que ofrece ese amigo noso, atopemos que ese cariño é máis frío que o que reciben outros amigos do mesmo grupo.

Do mesmos xeito, se un amigo non nos adica tempo nun determinado momento, ou o que ven a ser o mesmo, non està cando realmente o precisamos, non debe extrañarse ese amigo que noutro momento non atope o apoio ao que estaba acostumado pola nosa parte. O mundo busca o equilibrio. E as nosas relacións, non son unha excepción.

A amizade é xenerosidade. É difícil que unha persoa egoísta, que só mira para ela mesma - e isto é moi diferente de quen mira primeiro cara un mesmo para despois poder atender aos demàis- sexa unha boa amiga co paso dos anos, na que cada día a sociedade càrganos con máis actividades e moitas màis responsabilidades.

Interesarnos pola vida do noso amigo e dos seus achegados  tamén é unha mostra de atención e cariño. E non confundamos con ser un cotilla! Teño amigos aos que lle resulta difícil interesarse polo benestar dos demáis, e non polo medo a quedar de cotillas, mais enviar un wassup preguntado cómo vai a hospitalización dun familiar próximo e moi querido, é un mínimo. ¿Concordas?

Un amigo de verdade, non quere un agasallo, un reloxo novo, nin unha lavadora, quere saber que pode contar connós, que o imos escoitar e que lle adicamos o máis preciado que temos, o tempo. Confianza, tempo e escoita activa

Unha vez máis, moi agradecida polo rexemento de amigos que sempre me arroupan. En palabras do meu amigo Fran, o meu traballo me custa mantelo, no sentido en que a amizade require coidados que se prestan con cariño  e xenerosidade ao longo do tempo.

Saùde ás boas amizades.

Comentarios

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Non todos os amigos son para sempre, pero espero sempre ter amigos. E como sempre espero ter amigos, espero tamèn, que algùns duren para sempre.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir