As etiquetas: é egoísta
Etiquetar: acción de por etiquetas. En qué momento comezamos a recibir etiquetas? En qué momento comezamos a por etiquetas? Hai verdadeiros profesionais da etiquetaxe a primeira vista, asì como quen coloca o monigote do inocente o 28 de decembro. Versión en español A diferencia estriba en que o monigote é temporal, só válido para o dìa dos inocentes, e a etiqueta permanece, como se pasara a formar parte do noso adn, da nosa configuración xenética. Esa etiqueta imprégnanos. Non sei en que momento da miña vida me colocaron a etiqueta de Egoìsta. Non sei nin o momento nin a persoa que me etiquetou. Puxéronme a etiqueta e eu crecìn toda a miña vida, e traballei, e relacioneime, e quixen, crendo que eu era unha persoa egoìsta. Sí, durante anos vivín coa crenza de que unha das caracterìsticas que me definían como persoa era o egoismo. O MEU egoìsmo fronte à xenerosidade dos DEMÁIS. Os demáis son xenerosos, teñen a cualidade da xenerosidade e eu son unha a...