As etiquetas: é egoísta
Etiquetar:
acción de por etiquetas.
En qué momento comezamos
a recibir etiquetas?
En qué momento
comezamos a por etiquetas?
Hai verdadeiros
profesionais da etiquetaxe a primeira vista, asì como quen coloca o monigote do
inocente o 28 de decembro.
A diferencia
estriba en que o monigote é temporal, só válido para o dìa dos inocentes, e a
etiqueta permanece, como se pasara a formar parte do noso adn, da nosa
configuración xenética. Esa etiqueta imprégnanos.
Non sei en que
momento da miña vida me colocaron a etiqueta de Egoìsta. Non sei nin o momento
nin a persoa que me etiquetou.
Puxéronme a
etiqueta e eu crecìn toda a miña vida, e traballei, e relacioneime, e quixen, crendo
que eu era unha persoa egoìsta. Sí, durante anos vivín coa crenza de que unha
das caracterìsticas que me definían como persoa era o egoismo.
O MEU egoìsmo
fronte à xenerosidade dos DEMÁIS.
Os demáis son
xenerosos, teñen a cualidade da xenerosidade e eu son unha auténtica
egoísta. Desde esta crenza, boa
parte das accións dos demáis son accións xenerosas, aínda que realmente sexan
accións egoístas que non teñen en conta aos demáis.
Ao ter a
etiqueta do egoísmo, a miña reacción ante comportamentos egoístas dos demáis
era sempre o mesmo. Xustificar ese comportamente egoísta. Convencerme a min
mesma que do mesmo xeito no que eu era egoísta diariamente, os demáis tamén
tiñan dereito a ser un chisco egoístas un día calquera. Aínda que ese día
calquera se repetise un día tras outro, e chegara a transformarse “dun día
calquera” a un “diariamente”.
Egoísta? Eu? En
serio?
¿Cómo souben que
tiña unha etiqueta? En concreto, ¿cómo souben que tiña esa etiqueta de egoísta?
Soubeno grazas
ás cousas da vida. Non fai moito tempo, a vida fixo que unha amiga me agradecese ser SEMPRE xenerosa.
Escoitei o seu agradecemento e sorprendinme.
Eu? Xenerosa? Sempre?
E parei a
pensar, a pensar en tódalas veces que escoitara un agradecemento similar. “Es
xenerosa”. E deime conta que foron varias as veces que nas últimas semanas, e
meses, e anos, escoitara ese agradecemento. Só que nunca o escoitara realmente,
nunca o crera. A crenza de ser egoísta era máis poderesa, levaba máis tempo e
atopábase máis profunda.
¿E cal foi a consecuencia de ter a
etiqueta de egoísta? Crer cegamente nela, crer que eu era unha persoa egoísta.
¿E cal foi a consecuencia de crer que
eu era unha persoa egoísta? Afondar nesa
crenza errónea e sufrir os excesos ou abusos de persoas que realmente sí eran egoístas, ou bastante màis egoìstas ca min, e que non formaban parte do
grupo de “os demáis xenerosos”. Mira por onde, eu sí formaba parte do grupo de persoas xenerosas.
Egoìsta? Eu? Ás
veces, na súa medida. En xeral, son unha persoa xenerosa, que desfruta
compartindo tempo e experiencias, facéndolle a vida un chisco máis sinxela e un
chisco máis feliz a tódalas persoas coas que comparto un tramo do camiño na
vida.
Afortunada de
terme sacado das profundidades do meu ser a etiqueta de EGOÍSTA que non sei nin
cando, nin cómo, nin quén ma colocou e eu crinme esa etiqueta cegamente.
Máis etiquetas?
Non, gracias.
Comentarios
Publicar un comentario