Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

Haikus desde a ventá

Imaxe
Haikus desde a ventá en tempos de confinamento  Érguese cedo Sen pegadas da xente, pola saúde Ruxir do vento pingueiras e ceo gris,  chove en abril Graciñas a ti, que na casa só ficas. Coidas dos demáis Graciñas a ti, traballador esencial. Coidas dos demáis Versión en español Taller Escritura. Confinamento. Abril 2020

Soño con viaxar soa

Imaxe
Miraba pola fiestra. Árbores, cables eléctricos, escuridade, túnel, luz, prados verdes, casas. Ante a súa mirada cría ter a cinta cinematográfica dos cinemas que pasaba a toda velocidade. Sorriu.  Versión en español Viaxara moito, cría. Varios países europeos e mesmo cruzara o Atlántico en dúas ocasións. A NY no Paso de Ecuador, esa viaxe de universitarios no que se celebra superar a metade dos créditos para poder graduarse, asegurándose así unha viaxe co seus compañeiros que non dependía de terminar a carreira. E a Costa Rica, de lúa de mel.  Nunca viaxara soa. Tivo a oportunidade nunha ocasión. Valorouna e finalmente rexeitouna. Os seus pais, medorentos, insistíanlle en que unha vez terminase o congreso de bioloxía molecular en Frankfurt, regresase a Barcelona cos seus compañeiros de departamento. Que unha moza non podía viaxar soa polos pobos da Selva negra alemá. Que lle conviña aproveitar os seus 25 anos nas praias de levante con outros ricos madrileños. E así, perdeu aqu...