Soño con viaxar soa

Miraba pola fiestra. Árbores, cables eléctricos, escuridade, túnel, luz, prados verdes, casas. Ante a súa mirada cría ter a cinta cinematográfica dos cinemas que pasaba a toda velocidade. Sorriu. 

Versión en español

Viaxara moito, cría. Varios países europeos e mesmo cruzara o Atlántico en dúas ocasións. A NY no Paso de Ecuador, esa viaxe de universitarios no que se celebra superar a metade dos créditos para poder graduarse, asegurándose así unha viaxe co seus compañeiros que non dependía de terminar a carreira. E a Costa Rica, de lúa de mel. 

Nunca viaxara soa. Tivo a oportunidade nunha ocasión. Valorouna e finalmente rexeitouna. Os seus pais, medorentos, insistíanlle en que unha vez terminase o congreso de bioloxía molecular en Frankfurt, regresase a Barcelona cos seus compañeiros de departamento. Que unha moza non podía viaxar soa polos pobos da Selva negra alemá. Que lle conviña aproveitar os seus 25 anos nas praias de levante con outros ricos madrileños.

E así, perdeu aquela oportunidade de viaxar soa, antes de cruzarse con Luís, o seu home, quen non a deixou separarse del nin un só día. 


Onde iría? 

A inmortalizar co meu obxectivo a migración dos Ñús, o apareamento dos leóns, a choiva na sabana. Respirar nun espazo aberto, en plena natureza, a kms de distancia da civilización sen berros e demandas de nenos.

- Alicia, deixa ao teu irmán facer contigo ese quebracabezas. - Interrompeu o seu pensamento para dirixirse á súa filla. E volveu a ela.

Respirar liberdade.

A ela, que fora sempre moi organizada, encantaríalle subirse soa a ese avión sen ter que seguir o plan establecido por unha previsible axencia de viaxes. Libre. Experimentar esa sensación de non ter nada planeado e ir organizando a viaxe sobre a marcha.

Coñecerase a moita xente? Máis homes ou máis mulleres? Serán dese tipo de xente como os meus amigos? Ou serán aventureiros que rodan polos camiños cheos de pó de África e dormen cada noite nunha cama diferente, conversando con viaxeiros e locais? Sorría.

E eu? Sería unha desas mulleres capaces de vivir unha pequena e bonita aventura? Sorría aínda máis. E se me puxese mala? E se non me dese tempo a avisar á miña familia? Virouse cara aos seus fillos, buscou a mirada cómplice de Luís e desbotou de novo esta tola idea de viaxar sola.

De momento.


Taller escritura. Madrid. Confinamento. Abril 2020

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir