Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

A miña cuarta mudanza en 5 anos

Imaxe
Por fin. Por fin, despois de tres anos de relación, imos vivir xuntos. Para o meu amor, a súa primeira mudanza, para min a cuarta en cinco anos. Teño tanta experiencia que podo encoller os andeis dos libros, as mesas e as cadeiras para que ocupen menos espazo no camión da mudanza. Ben, igual desvarío con só pensar en facer caixas.   A miña amiga Vane recoméndame explorar o método Marie Kondo, por se o podo aplicar a esta mudanza. Que formatee da miña testa esa idea tola de organizar as caixas por espazos -a miña habitación, o meu escritorio, a cociña, o baño, o salón, o armario estilo McGuiver do corredor- e así encher as caixas por temáticas. Versión en español Téxtiles, incluídas cortinas, nunha caixa. Todo o material de oficina, os meus libros e os meus lapis de cores, noutra caixa. Outra caixa con todos os compoñentes eléctricos: cargadores, ladróns, alargadores, lámpadas de reposto…   E despois, organizar as caixas por tamaño e peso. Ela, a miña amiga Vane, se...

Boa esperanza

Sigo sentada Levo máis de catro horas neste sofá gris, nesta casa pequena, neste día chuvioso de primavera, no que parece que o ceo vai caer enriba desta silenciosa cidade. Sinto frío. Versión en español Ata en 4 ocasións, nos 7 últimos días, chamei á empresa que fornece o gasoi da calefacción de todo o edificio e nas 4 ocasións, dixéronme que tardarían un máximo de 2 días en servilo. Outro exemplo de eficacia. Pregúntome como é posible que esas empresas gañen diñeiro co servizo deficiente que prestan, mentres profesionais responsables e eficaces, como o meu noivo autónomo, gañan unha miseria e frítenos a impostos. Será o capitalismo. Taller de escritura. Confinamento. Abril 2020