Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2017

21. Dar as grazas

Imaxe
É de ben nacidos ser agradecidos. Inicialmente, unha ruptura sentimental fai que nos centremos nos aspectos negativos da relación. E centrarse unicamente nos aspectos negativos, é un xeito de reafirmarse a separación. Co paso do tempo, a mente selectiva  fai que vaiamos esquecendo o malo e lembrando só o bo. Que sí! que aínda que con frecuencia non o pareza, absolutamente toda relación é positiva. Pois é en parella como máis crecemos como persoas individuais. Que sí! Que podo facer todas as cousas eu soa? pero por qué facelas soa? Se é máis doado e agradable facer as cousas acompañada e a vida é moito máis bonita compartindo amor en parella. Así que como o Jing e o Jang toda relación, por moi mala que fose, ten aspectos positivos, e por eses aspectos positivos debemos agradecer todo o que a relación coa ex parella nos ofreceu ou  nos ensinou.  Así que deamos as grazas, -            ...

20. Xestionar a rabia

Imaxe
E á volta das vacacións, de volta coa maleta de viaxe de traballo, con ganas de escribir varios posts que dende hai tempo me rondan pola cabeza. E aqui estou de novo, a escribir sobre o amor, o desamor e sobre cómo superar con éxito unha ruptura de parella.  Hai un tempo escribín sobre “ a xestión das emocións tras unha ruptura ” e neste post quero tratar da xestión dunha emoción en concreto, de cómo xestionar a rabia. Sí, a rabia, ese paso previo a ira. Non son unha persoa rencorosa. Meus pais educáronme para non mantenrme nun enfado e esquencer rapidamente aquelo polo que me enfadara - despois de telo todo aclarado, iso sí-. Sí, non son rencorosa e estou moi feliz por iso. Agora ben, hai uns meses, no medio do duelo dunha ruptura, deime de conta que nalgunhas situacións ou cara algunhas persoas manteño no tempo unha emoción, a rabia. O  certo é que podo contar cos dedos da man cales son estas situación e cales foron ás persoas cara as que xenerei rabia, mais ...