21. Dar as grazas

É de ben nacidos ser agradecidos.

Inicialmente, unha ruptura sentimental fai que nos centremos nos aspectos negativos da relación. E centrarse unicamente nos aspectos negativos, é un xeito de reafirmarse a separación.

Co paso do tempo, a mente selectiva  fai que vaiamos esquecendo o malo e lembrando só o bo.

Que sí! que aínda que con frecuencia non o pareza, absolutamente toda relación é positiva. Pois é en parella como máis crecemos como persoas individuais.
Que sí! Que podo facer todas as cousas eu soa? pero por qué facelas soa? Se é máis doado e agradable facer as cousas acompañada e a vida é moito máis bonita compartindo amor en parella.


Así que como o Jing e o Jang toda relación, por moi mala que fose, ten aspectos positivos, e por eses aspectos positivos debemos agradecer todo o que a relación coa ex parella nos ofreceu ou  nos ensinou. Así que deamos as grazas,

-              Por axudarnos a coñecernos mellor como persoas
-              Por facernos descubrir o que queriamos na vida
-              Por secar as nosas bágoas
-              Por aquel abrazo forte antes de desfalecer nun momento transcendental na familia

Que sí! que non todo o mundo quere ser tan profundo, así que outros exemplos máis cotiáns polo que dar as grazas, e se cabe moito máis importantes
-            Organizar os cubertos no separador do lavalouzas
-            Reutilizar servilletas de tea sen morrer co noxo
-           Diferenciar entre data de consumo preferente e de caducidade (un importante aforro familiar!)
-              Ensinarme a facer a torta de 3 chocolates (si, xa sei que a min non me sae tan sabrosa… pero aprendín!)
-              Pola pulseira de diamantes que luces en todas as vodas
-              Mesmo por non terte contactado durante 12 meses tras a ruptura

Que sí! que é de ben nacidos ser agradecidos. Fíxate que só escribindo estes exemplos, xa me sinto moito mellor comigo mesma. Dar as grazas é un exercicio moi sanador.

E agora que xa sabemos qué queremos agradecer, vén o cómo. De que xeito dar as grazas? Pois como nos dé a gana!

-              Escribíndoo
-              Falándoo, e esta forma de agradecemento ten 2 versións
·               Invocando a presenza da túa exparella, con bo rollo. Isto é, que te imaxines que está aí, mais non é necesario facer un ritual budú.
·               Concertar unha cita coa exparella. Esta versión non é nada recomendable. Salvo que pasase un tempo prudencial (6 anos, considérase prudencial?) e a machada de guerra está completamente enterrada.

Nos 3 últimos posts sobre esta serie de pasos para recuperarse con éxito tras unha ruptura non propuxen ningún exercicio, pero neste sí o propoño porque creo que ten un efecto moi positivo en nós. Así que propoño o seguinte exercicio

Colle lapis e papel, ¿lembras o lapis do exercicio de sorrir e o papel do exercicio do post “Saber que é o que queremos na vida e que esperamos dunha parella”? Podes reutilizalos.
Respira profundamente, toma un tempo, reflexiona e finalmente, escribe 3 cousas polas que estás agradecid@ á túa exparella.  Como te sentes?

Anímote a seguir sendo agradecido coa vida e a compartir esta publicación con quen creas que lle pode ir ben.

Vémonos no seguinte post, cun novo paso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir