20. Xestionar a rabia
E á volta das vacacións, de
volta coa maleta de viaxe de traballo, con ganas de escribir varios posts que
dende hai tempo me rondan pola cabeza. E aqui estou de novo, a escribir sobre o
amor, o desamor e sobre cómo superar con éxito unha ruptura de parella.
Hai un tempo escribín sobre “a xestión das emocións tras unha ruptura” e neste post quero tratar da xestión dunha emoción en concreto, de cómo xestionar a rabia. Sí, a rabia, ese paso previo a ira.
Hai un tempo escribín sobre “a xestión das emocións tras unha ruptura” e neste post quero tratar da xestión dunha emoción en concreto, de cómo xestionar a rabia. Sí, a rabia, ese paso previo a ira.
Non son unha persoa rencorosa.
Meus pais educáronme para non mantenrme nun enfado e esquencer rapidamente
aquelo polo que me enfadara - despois de telo todo aclarado, iso sí-. Sí, non son rencorosa e estou moi feliz por
iso.
Agora ben, hai uns meses, no
medio do duelo dunha ruptura, deime de conta que nalgunhas situacións ou cara
algunhas persoas manteño no tempo unha emoción, a rabia. O certo é que podo contar cos dedos da man
cales son estas situación e cales foron ás persoas cara as que xenerei rabia,
mais ese sentimento de rabia estivo ahí, mantido no tempo.
A rabia, por diferentes
motivos, que aqui non vou tratar, foi unha emoción
recurrente trás esta última ruptura. Sabía que era unha emoción que ía
desaparecer no tempo, mais parecíame tan agotadora, que queria superala canto
antes. Así que tras observala, actuei. E qué opción escollín?
1.- Golpear unha almofada
Pois non. Non seguín a
proposta dunha entrenadora persoal porque naquel momento non me apetecia porlle
“ese nome” a unha almofada e comezar a pegarlle golpes. Igual se tivera un saco
e uns guantes de boxeo, tería probado. Mais sen porlle o nome, pois non me
apatece practicar esa forma de budú!
2.- Escribir: “escupir” o que pasa pola cabeza
O que se me ocorreu foi
sentarme comigo mesma diante dun papel en branco e un boli, cunhas gafas de
sol. Respirei profundamente, imaxinei que tiña diante a esa persoa que me
xeneraba ese sentimento de rabia e ía escribindo todo o que se me pasaba pola
cabeza. Sen filtros.
De todo, menos guapo.
Recoñezo que ao principio resulta
duro escribir cousas pouco agradables
e incluso desagradables sobre esa boa persoa coa que compartimos momentos
marabillosos, mais que nese momento xeneranos unha xenreira tremenda. Todo mal
é comezar, e así como a tinta impregna o papel, nos ímonos liberando esa rabia.
E senteime comigo mesma, nun
voo a Italia, na praia e mesmo na oficina. Foi un exercicio de liberación. Cada
palabra liberaba de mín unha migalla de rabia ata que sentín que xa superara
esa emoción.
Qué fixen despois co papel escrito? Queimalo. Queimar escritos é
moi liberador tamén. Mais neste caso non
o fixen por liberación senon para evitar que calquera persoa, incluída eu
mesma, tivera acceso a un papel no que se recopilaba tal cantidade de palabras
mal sonantes.
¿Qué fun eu quen escribeu todas esas cousas nese papel? NON ME CONSTA
Poida que no futuro, probe cun
saco de boxeo… sempre sen nome, iso sí.
Se che gustou esta
publicación, podes compartila con quen creas lle pode resultar de interese.
Vémonos no seguinte paso, no
seguinte post.
sentir esa emocion, estar presente nela, ser consciente da sua existencia sen oponher resistencia
ResponderEliminarTras vivir e soñar, està o que màis importa:espertar.
ResponderEliminar