Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2018

Responsabilidade. Cando 1 máis 1 suman máis de 2

Imaxe
Versión en Español A responsabilidade é a capacidade de dar resposta. A responsabilidade é a Response Ability. É a capacidade de dar solucións. En atención a esta definición, Quen é responsable? Que é quen de dar resposta ante diferentes situacións? Eu quero responder... EU, eu son. Hai persoas que non queren ningunha responsabilidade. Eu tampouco quixen sempre ter responsabilidades. Non quería ter que ser sempre responsable… ata que aprendín que ser responsable é ser capaz de vivir mellor . Esas persoas que non queriamos responsabilidades, ¿somos persoas irresponsables? ¿ou inmaduras?, ¿ou incapaces?  Poida  que esas persoas que non queriamos responsabilidades simplemente aínda non tiñamos desenvolta a capacidade de dar resposta ás diferentes situacións que a vida nos presentaba nun determinado momento. Poida que non sabiamos responder doutro xeito. Ben seguro que esto non significa que noutro momento da vida non sexamos capaces de dar unha resposta satisfact...

A importancia dos libros

Imaxe
Cando estou a coñecer a alguén e quero manter unha relación, sobre todo se é de parella, teño unha clave para saber se paga minimamente a pena… os seus libros . Insisto, os SEUS.  Non os libros dos seus pais. Nin os libros dos seus compañeiros de piso. Fíxate qué libros TEN. Fíxate qué libro está a ler. Fíxate con qué frecuencia le, e non me refiro aos twits de Cristiano Ronaldo, ou ás novas do xornal – en online, claro- senon aos libros que contan historias en forma de novela ou de poesía, ou  aos libros que transmiten coñecimento. Ten libros? Le? Con qué frecuencia le?   Incluso aquela persoa que somella que le moito, aquela á que se lle supón que le porque criouse nunha casa chea de libros, ou porque ten unha carreira universitaria, ou porque fala constantemente de libros que leu (cando os leu?), porque… pois pode acontecer que durante un período longo de tempo na súa vida, non lea.  E se ese período de abstinencia da lectura coincide ment...