Responsabilidade. Cando 1 máis 1 suman máis de 2
Hai persoas que
non queren ningunha responsabilidade. Eu tampouco quixen sempre ter responsabilidades.
Non quería ter que ser sempre responsable… ata que aprendín que ser responsable
é ser capaz de vivir mellor.
Esas persoas que non queriamos responsabilidades, ¿somos persoas irresponsables? ¿ou inmaduras?, ¿ou incapaces?
Poida
que esas persoas que non queriamos responsabilidades simplemente aínda non
tiñamos desenvolta a capacidade de dar resposta ás diferentes situacións que a
vida nos presentaba nun determinado momento. Poida que non sabiamos responder doutro
xeito. Ben seguro que esto non significa que noutro momento
da vida non sexamos capaces de dar unha resposta satisfactoria para nós mesmos ante esas mesmas situacións. Iso é
o magnífico do crecimento das persoas.
Dixen antes que elixo ser unha persoa
responsable. Agora ben, é certo que non me gustar ser a única responsable. Prefiro
desfrutar da responsabilidade en compañía. Ahí cando 1 máis 1 suman máis de 2.
Cando a acción de 2 persoas responsables co mesmo foco dá un resultado maior
que a suma das súas accións individualmente consideradas. Isto é, cando o
traballo en equipo ou en parella é moito máis que a suma do seu traballo
individual.
O feito de estar en parella e sentir a
responsabilidade únicamente ás costas dun, é agotador. Agotador e un signo de
que a parella non está no seu mellor momento.
Nunha época na que tiven unha boa chea
de responsabilidades, ou dito doutro xeito, unha morea de situacións ás que dar
resposta, as respostas deinas. E aínda que estaba acompañada, deinas eu sola.
Ou alomenos tiña a impresión que as daba eu sola.
Para min foi unha carga difícil de
soportar. E tamén foi un claro indicativo de que a parella estaba nun deses
momentos decisivos. Nun deses momentos nos que ou se superaba e se reforzaba a
parella ou se rompía definitivamente. Sen volta atrás. Cara adiante.
Resolver este tipo de situacións tamén
é cuestión de responsabilidade. Da capacidade de dar resposta como muller.
Da capacidade de dar resposta como home.
Este post quixo
ser escrito hai 17 meses. E hai 17 meses aínda non existía este blog. E por fin,
este post foi escrito. Iso sí, tivo que agardar a que se escribirán e publicaran
máis de 20 posts. Hai 17 meses eu xa
levaba case 6 anos a escribir. Escribía e nunca pensei en publicar. Ese domingo
de novembro só pensaba en publicar este post. A responsabilidade, cando 1 máis
1 suman máis de 2.
Para min, pagou
a pena a espera.
Tes razón. Cando tomas unha iniciativa tes que facelo con responsabilidade, sexa cara un negocio ou cara unha parella, e dicir, con compromiso. As persoas somos mais felices cando ao noso lado temos alguén que entende o que é un compromiso e, que sabe dar respostas compartidas. Canta máis xente así nos acompañe, máis felices seremos.
ResponderEliminar🥂 Pola amistade verdadeira e infinita.
Para voçe... sempre response ability.😘
Pola amistade verdadeira e infinita!
Eliminar