A importancia dos libros
Cando estou a coñecer
a alguén e quero manter unha relación, sobre todo se é de parella, teño unha
clave para saber se paga minimamente a pena… os seus libros. Insisto, os
SEUS. Non os libros dos seus pais. Nin os libros dos seus compañeiros de piso.
Fíxate qué libros TEN. Fíxate qué libro
está a ler. Fíxate con qué frecuencia le, e non me refiro aos twits de
Cristiano Ronaldo, ou ás novas do xornal – en online, claro- senon aos libros
que contan historias en forma de novela ou de poesía, ou aos libros que transmiten coñecimento.
Ten libros? Le?
Con qué frecuencia le? Incluso aquela
persoa que somella que le moito, aquela á que se lle supón que le porque criouse
nunha casa chea de libros, ou porque ten unha carreira universitaria, ou porque fala
constantemente de libros que leu (cando os leu?), porque… pois pode acontecer
que durante un período longo de tempo na súa vida, non lea.
E se ese período de
abstinencia da lectura coincide mentres ti, lector, e eu, que escribo, estamos
na súa vida, nese caso… mellor, apartar. Xa voltaremos cando volva ao maravilloso
mundo da lectura, da imaxinación, da capacidade de abstracción….
Eu, agora, cando
entro nunha casa dun novo amigo, dirixo a mirada para atopar libros, pregunto
se podo abrir… e interésome pola súa lectura.
Se non le, se
non ten libros…. Saio pitando!! Qué ben me tería ido se o soubera antes.
E se le,
desfruto da conversa. Poida que sexamos compatibles. Poida que non sexamos compatibles como parella. Poida que
sexamos bos amigos. Poida.
Brindemos polos
libros e as novas amizades!
ResponderEliminarDime con que libros andas e direiche quen es. Persoalmente gústanme os libros que non tratan de encher cantaros baleiros, senon de prender chamas. O libro de cabeceira é o que sen dubida, máis achega unha persoa á outra, será que acostuma a estar no dormitorio.