Un medo ancestral. O abandono ante o embarazo
Dende nova tiña medo a empreñar. Realmente non era un medo a quedarme embarazada senon un medo a sentirme sola no embarazo. Incluso máis alá, era un medo a ser abandonada por estar embarazada. Versión en español Crin que ese medo fora transmitido polos meus pais. Crino erroneamente durante varios anos. Estaba errada. Nunca me transmitiron tal. Diso deime conta anos máis tarde. Mais a orixe dese medo non é o importante. Para min o importante é a experiencia vivida. A necesidade de liberarme dese medo, desa dor. E a expectativa de me liberar desa dor ao ir premendo nas teclas do teclado deste ordenador. Sexa polo que fora, polo paso dos anos, pola independencia económica, polas relación sentimentais máis sás e seguras, ese medo desapareceu. A lo menos iso foi o que eu pensei antes de cumprir os 29 anos. Pero a realidade apareceu por sorpresa. Daquela xa tiña superados os 30 anos. De feito, os dous, a miña parella e mais eu, superáramos había xa un tempo os ...