A amizade ¿quéroa? ¿non a quero?


Quen ten un amigo ten un tesouro. Un mantra que se repite. E sobre o que falei no post “Compartir tempo cos amigos

Para mín os amigos son esas persoas que nos eliximos mutuamente para compartir a vida, ou polo menos, parte dela. Este concepto que teño eu da amizade, dista do concepto da amizade que teñen outras persoas. Incluso amigos meus teñen un concepto diferente da amizade.
Cos amigos eu comparto risas e choros, sorrisos e lágrimas. Gústame ver cómo contan comigo, non só para tomar unha caña nun chiringo vendo o solpor no verán senon tamén para confiarme unha decisión importante ou emociòn sentida nun día escuro de inverno.



Dende pequena escoitei moitas metáforas relacionadas coa amizade
- regar a pranta para que esté bonita,
- botar unha achiña ao lume para que se manteña a chama…

E agora, xa pasados os 30, non quero metáforas. Dìgoo claramente: Manter unha boa amizade require confianza e tempo.

Confianza. A confianza é a cimentación da amizade. De feito, a confianza é a base de calquera relación, sexa de parella, de amizade, de familia ou de traballo. A clave de saber se estou ante unha boa amizade está na resposta ¿podo contar contigo?, ¿En serio? ¿Estás segur@ que podo contar contigo?

Tempo. O tempo é o pilar da amizade. A amizade precisa cariño, ser coidada, e non se pode coidar se non é adicando un chisco de tempo. Vivimos nunha sociedade que sempre está a correr e na que conforme imos celebrando cumpreanos, imos asumindo máis responsabilidades (empresa, parella, familia, coidado dos maiores…). Como todo na vida, a amizade é cuestión de prioridades. Todos temos 24 horas ao día. Cómo, en qué e sobre todo con quén, compartimos o noso tempo depende de cada un de nós. 

De pouco serve exhaltar a amizade na miña festa de cumpreanos para publicala en facebook e na realidade distorsionada de Instagram, se realmente nunca atopo un chisco de tempo para compartir unha conversa cunha boa amiga. ¿Amiga, tes a confianza de que che adicarei un chisco de tempo? ¿Amigo, teño a confianza de que me adicaràs un chisco de tempo?

Amiga, hoxe estou, e seguirei estando sempre que co paso dos días, dos meses, dos anos… nos adiquemos tempo e manteñamos a confianza. Eu quero seguir estando. E hoxe sei que non só depende de min.

Don't give anything for granted, querido amigo.
Continuará, no vindeiro post

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir