Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2017

3. Verbalizar as emocións

Imaxe
Deixo París, a cidade do amor, mais manteño o desexo de compartir as experiencias sobre o amor e o desamor. Outro paso para recuperarnos con éxito dunha ruptura sentimental é  Verbalizar as emocións. O feito de identificar, de por nome a aquelo que estamos a pensar e a sentir vainos axudar a xestionar o duelo. Se somos capaces de verbalizar, significa que somos conscientes do que está a acontecernos. Só se somos concientes, podemos abordar eses sentimentos e evitar  sentirnos desbordados por eles. Cómo imos poder xestionar algo que non coñecemos? Para administrar exitosamente as emocións temos que verbalizalas, porlles nome                                           TRISTEZA, RABIA,  PENA,  DECEPCIÓN,  ODIO,   VERGOÑA,  ABATIMENTO,  IRA Cómo verbalizar as emocións?  Pois hai 2 xeitos, e a boa nova é ...

2. Saber qué é o que queremos na vida e qué esperamos dunha parella

Imaxe
E aquí continúo, en  París, a cidade do amor,  escribindo sobre o amor, o desamor e as rupturas. Un paso fundamental para superar con éxito unha ruptura sentimental  é   saber o que queremos da vida  ou polo menos dunha relación de parella… Por suposto, non penso que sexa o mesmo o que queremos na vida cando tempos 25 que 34.  O que queremos cambia dependendo no momento vital no que nos atopamos. Para mín, non era o mesmo o que queria con  30 que o que quero agora con 34. Os gustos cambian, as persoas evolucionan, todo cambia ... salvo o cambio, nada permanece.  Con 30 anos escollín tendo en conta o que quería nese momento, sen pensar no futuro. O amor é unha  elección diaria, pois trátase de elexir diariamente seguir coa mesma parella. Qué quero dicir con isto? Que con 34 o que queremos na vida pode ser moi diferente ao que queriamos con 31. Así que respondamos,  qué quero da vida? Que espero dunha parella neste mome...

Cómo superar unha ruptura en tempo exprés

Aquí estou, en París, coñecida como a cidade da luz, e sobre todo como a cidade do amor. Poderíamonos preguntar porqué París é coñecida como a cidade do amor, mais esa é outra historia. Hai uns días quedei cunha amiga á que había tempo que non vía. E ela, ao verme tras unha ruptura sentimental de máis de 5 anos de relación, propúxome que lle dera a oportunidade a outras persoas de saber cómo recuperarnos e ser felices tras unha separación. En realidade o que me dixo foi “imparte talleres de cómo superar unha ruptura en tempo récord”.  Este comentario fíxome rir, e moito. Agora ben, unha amiga que viveu unha separación uns meses antes, animoume a escribilo. E aqui estou,  en París, a cidade do amor,  sentada frente a fermosa NOTRE DAME, escribindo sobre o amor e as rupturas. E desto vai o blog, do amor, do desamor, do qué sentimos nunha separación e  dos pasos que podemos emprender para superar rápido e con éxito unha ruptura sentimental  para así desf...