3. Verbalizar as emocións
Deixo París, a cidade do amor, mais manteño o desexo de compartir as
experiencias sobre o amor e o desamor.
Outro paso para recuperarnos con éxito dunha ruptura sentimental é Verbalizar
as emocións.
O feito de identificar, de por nome a aquelo que estamos a pensar e a
sentir vainos axudar a xestionar o duelo. Se somos capaces de verbalizar, significa
que somos conscientes do que está a acontecernos. Só se somos concientes,
podemos abordar eses sentimentos e evitar sentirnos desbordados por eles.
Cómo imos poder xestionar algo que non coñecemos? Para administrar exitosamente
as emocións temos que verbalizalas, porlles nome
TRISTEZA,
RABIA,
PENA,
DECEPCIÓN,
ODIO,
VERGOÑA,
ABATIMENTO,
IRA
Cómo verbalizar as emocións? Pois
hai 2 xeitos, e a boa nova é que non son excluíntes, senon complementarios.
1.- Escribir, transmitir ao
papel cómo nos sentimos é liberador. É como que sacamos de nós o sentimento e
llo enviamos a ese folio en branco... de xeito que somella que o papel, a
través da nosa escrita, soporta a nosa emoción liberándonos a nós desa pesada
carga.
Podemos escribir todo. Algo incluso máis liberador que escribir é escribirlle
á nosa exparella (sobre isto trataremos noutro post). Tras unha
ruptura sempre temos moitas preguntas, moito que dicir…. E por qué o imos
gardar? O mellor é escribilo, escribirlle á nosa exparella.
2.- Outro xeito magnífico e imprescindible
para verbalizar as emocións é falar. Sí, comunicarnos cos nosos
semellantes. Amigos e familia. Hai quen afirma que neste proceso de duelo
descubrimos quen son os verdadeiros amigos. Afortunados aqueles que, coma nós,
cultivan diariamente a amizade e gozan dun exército de amigos e/ou cun
amigo verdadeiro.
Escribir e
falar son 2
xeitos complementarios de verbalizar as emocións. Dende a miña experiencia
prefiro este orde, 1º escribir e despois falar. Ao escribir, a nosa cabeza
vaise aclarando porque se vai liberando de esa carga pesada. Ao escribir
dámonos o tempo para atopar as palabras que mellor describen o que estamos a
sentir. Despois de escribir aé moito máis doado comunicarnos oralmente pois xa
sabemos qué palabras empregar.
Confianza e
Seguridade. Recomendo ter confianza nos demáis e seguridade nun mesmo para
expresar o que realmenente sentimos.
Escribir e falar sobre as emocións que provoca en nós a separación é un xeito de limpar o noso interior de sentimentos e pensamentos negativos. E se somos capaces de imaxinar que cada vez que falamos sobre a ruptura é como tirar un saco de basura ao contenedor, fagámolo, imaxinémolo, porque realmente estamos facendo limpeza.
Escribir e falar sobre as emocións que provoca en nós a separación é un xeito de limpar o noso interior de sentimentos e pensamentos negativos. E se somos capaces de imaxinar que cada vez que falamos sobre a ruptura é como tirar un saco de basura ao contenedor, fagámolo, imaxinémolo, porque realmente estamos facendo limpeza.
Chega un momento no que xa non precisamos escribir nin falar deste tema. E cando chega ese momento? Cando a ruptura está superada.
Propoño un novo exercicio, co lápiz -lembras? sorríe- senta e escribe
cómo te sintes. Se che resulta difícil, podes probar respondendo ás
seguintes preguntas:
Nervios? Tristeza? Abatimento? Medo?
Por qué?
Qué che gustaría ter dito que non dixeches?
Cómo queres comunicarllo aos teus amigos?
Nervios? Tristeza? Abatimento? Medo?
Por qué?
Qué che gustaría ter dito que non dixeches?
Cómo queres comunicarllo aos teus amigos?
Anímote a seguir escribindo cun sorriso na cara e a compartir esta
publicación con quen creas que lle pode resultar de utilidade.
Deica o
seguinte paso, no seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario