Cómo superar unha ruptura en tempo exprés

Aquí estou, en París, coñecida como a cidade da luz, e sobre todo como a cidade do amor. Poderíamonos preguntar porqué París é coñecida como a cidade do amor, mais esa é outra historia.

Hai uns días quedei cunha amiga á que había tempo que non vía. E ela, ao verme tras unha ruptura sentimental de máis de 5 anos de relación, propúxome que lle dera a oportunidade a outras persoas de saber cómo recuperarnos e ser felices tras unha separación. En realidade o que me dixo foi “imparte talleres de cómo superar unha ruptura en tempo récord”.  Este comentario fíxome rir, e moito. Agora ben, unha amiga que viveu unha separación uns meses antes, animoume a escribilo.

E aqui estou, en París, a cidade do amor, sentada frente a fermosa NOTRE DAME, escribindo sobre o amor e as rupturas.
E desto vai o blog, do amor, do desamor, do qué sentimos nunha separación e dos pasos que podemos emprender para superar rápido e con éxito unha ruptura sentimental para así desfrutar da vida plenamente con amor e risas.

Recuperarnos rápido dunha separación non significa que non quixeramos á nosa parella. Queriámola, mais a vida continúa a ofrecernos experiencias marabillosas.

Hai moitos tipos de ruptura, porque hai moitos tipos de persoas, de amor, de relacións, de obxectivos na vida e de niveis de madurez – ou momentos vitais, como demo queiramos chamarlle-.  E efectivamente, non é o mesmo enfrontarnos á primeira ruptura que á quinta, e tampouco é o mesmo deixar que que nos deixen.

Con independencia dos diferentes tipos de separación, e de todos e cada un dos sentimentos e das emocións que sentimos, hai pasos comúns que podemos seguir para superar con éxito unha ruptura sentimental.

En cada entrada gustaríame falar dos pasos que a mín me funcionaron - e moi ben- e das miñas reflexións.

Así que empecemos polo primeiro paso, SORRIR. Cústache? Ninguén nos vai sacar unha foto. Incluso pode ser un sorriso forzado pois o importante é o movemento facial. 
Qué aínda así non es capaz? Propóñoche un exercicio.
Colle un lápiz, sitúao diante da túa boca en posición horizontal, ¿si? ¿está? Pois mórdeo e ensina os dentes. Xa estás sorrindo. A qué foi fácil? Os pasos son máis sinxelos do que a nosa mente pode imaxinar. Anímote a seguir sorrindo e a compartir esta publicación con quen creas que lle pode vir ben.
Vémonos no seguinte post, bueno, no seguinte paso

Aquí engadirei as entradas sobre diferentes pasos para superar unha ruptura sentimental en tempo récord:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir