2. Saber qué é o que queremos na vida e qué esperamos dunha parella

E aquí continúo, en París, a cidade do amor, escribindo sobre o amor, o desamor e as rupturas.

Un paso fundamental para superar con éxito unha ruptura sentimental  é  saber o que queremos da vida ou polo menos dunha relación de parella… Por suposto, non penso que sexa o mesmo o que queremos na vida cando tempos 25 que 34.  O que queremos cambia dependendo no momento vital no que nos atopamos. Para mín, non era o mesmo o que queria con  30 que o que quero agora con 34.
Os gustos cambian, as persoas evolucionan, todo cambia ... salvo o cambio, nada permanece. 

Con 30 anos escollín tendo en conta o que quería nese momento, sen pensar no futuro. O amor é unha  elección diaria, pois trátase de elexir diariamente seguir coa mesma parella. Qué quero dicir con isto? Que con 34 o que queremos na vida pode ser moi diferente ao que queriamos con 31.

Así que respondamos, qué quero da vida? Que espero dunha parella neste momento tras unha ruptura?
Neste punto, podemos pensar: quero volver. Seguro? Para sabelo, un bo método é escribir o que queremos nesta etapa vital na que nos atopamos. E escribir o que queremos para agora e para o futuro. E insisto en escribir, porque sempre podemos volver sobre esas notas e relelas, e o máis importante, melloralas.

Se tras escribir unhas 20 características/condicións do que queremos, e ao ver que a relación que estamos a describir non coincide na meirande parte coa relación REAL, non a ideal, que estabamos mantendo, está bastante claro... Esa parella, nese momento da vida, non é para ti, pois somella que non é o que ti queres.

O feito de que este o indique como paso 2 non significa que sexa doado comezar a escribir e moito menos ser consicente do que realmente queremos. Precísase un chisco de tempo. Agora ben, canto antes comecemos, antes o saberemos e antes nos recuperaremos.

Nesta entrada, propóñoche outro exercicio:  colle lápiz ou boli. Tes ainda o lápis do exercicio 1 a man? – lembra sorrir- colle papel e escribe 5 cousas que queres nunha parella. Agora qué? reflexiona sobre o que escribiches. É esto realmente o que tiñas? Os pasos son máis sinxelos do que a nosa mente pode imaxinar. Anímote a seguir sorrindo e a compartir esta publicación con quen creas que lle pode vir ben.


Vémonos no seguinte post, cun novo paso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir