Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2017

15. Facer limpeza e devolver as cousas

Imaxe
Nos post anteriores, escribín sobre “ practicar o desapego ” e “ renovarse ” como 2 pasos para recuperarse con éxito dunha ruptura sentimental. Pois ben, estes 2 pasos creo deben ir acompañados dunha boa limpeza no fogar, a min veume moi ben. Unha separación amorosa é un momento fantástico para facer unha limpeza xeral da casa . Non hai mal que por ben non veña. Empecemos por abrir as xanelas para ventilar a casa e que se renove o aire. Continuemos por abrir os caixóns . Tirar todo aquilo que non usamos é un exercicio moi liberador.  Non significa que o tiremos directamente ao lixo, senón desfacernos diso, ou llo damos a alguén que o poida utilizar ou o tiramos nun colector para que o reutilicen. E terminemos coa tarefa de empaquetar todo aquilo que sexa da nosa ex parella . Ou é que queremos esas cousas do noso ex para algo? Non, verdade? Pois ben colocadiño en caixas, para que as poidan levar facilmente. Empaquetar as cousas dunha ex parella, pode resultar...

14. Renovarse tras unha ruptura

Imaxe
No post anterior, practicar o desapego , indiquei que o desapego é o paso previo á renovación dentro do proceso de recuperación tras unha ruptura, así que agora, aquí estou, falando deste marabilloso paso da renovación. Unha separación sentimental é un bo momento para renovarnos. E en qué consiste isto de renovarnos? Simplemente en respirar aire fresco. E como se consegue meter aire novo nas nosas vidas? Pois a través dun amplo abanico de posibilidades. Esta renovación pode consistir en comezar novas actividades : pintura, ximnasio, correr, clases de baile, sesións de praia e spa?  Sí, non ter parella permíteche gozar de máis tempo para ti. Xa non o lembrabas? Todo ten as súas cousas boas.  E creo que non me equivoco se afirmo que todos temos polo menos unha amiga que tras unha ruptura comezou a saír a bailar e a ir ao ximnasio cun adestrador persoal, e así nos fixo descubrir o seu corpo de escándalo. Agora ben, se ti es desas persoas que xa antes da ruptura ...

13. Practicar o desapego

Imaxe
As parellas temos complicidad e, temos mensaxes que só a nosa parella entende, emoticonos reservados para os “nosos” wassups, lugares segredos nos que rememorar eses momentos especiais da nosa relación, cancións favoritas que nos cantamos mutuamente, restaurantes aos que ir en modo parella romántica (as demáis persoas teñen vetada a entrada, claro..) Pero qué pasa coa complicidade cando a parella se separa ? Qué pasa con “as nosas cousas de parella”?  Xa non podemos utilizar esas mensaxes nin emoticonos? Xa non podemos volver por nunca xamáis a eses lugares, a esas cidades, a eses restaurantes? Apagamos Spotify se soa “nosa” canción? Desde a miña experiencia o máis recomendable é practicar o desapego, o desapego emocional e evitar vincular esas actividades, eses lugares, esas expresións coa nosa ex parella. Para iso unha boa opción é que realicemos esas actividades (saír a cear aos restaurantes) e que visitemoss lugares (esa cidade, ese restaurante) en compañía doutras pe...