14. Renovarse tras unha ruptura

No post anterior, practicar o desapego, indiquei que o desapego é o paso previo á renovación dentro do proceso de recuperación tras unha ruptura, así que agora, aquí estou, falando deste marabilloso paso da renovación.

Unha separación sentimental é un bo momento para renovarnos. E en qué consiste isto de renovarnos? Simplemente en respirar aire fresco. E como se consegue meter aire novo nas nosas vidas? Pois a través dun amplo abanico de posibilidades.

Esta renovación pode consistir en comezar novas actividades: pintura, ximnasio, correr, clases de baile, sesións de praia e spa?  Sí, non ter parella permíteche gozar de máis tempo para ti. Xa non o lembrabas? Todo ten as súas cousas boas. 

E creo que non me equivoco se afirmo que todos temos polo menos unha amiga que tras unha ruptura comezou a saír a bailar e a ir ao ximnasio cun adestrador persoal, e así nos fixo descubrir o seu corpo de escándalo.

Agora ben, se ti es desas persoas que xa antes da ruptura realizabas as mil e unha actividades e que xa facía tempo que lucías  un corpo de escándalo, podes renovarte doutras múltiples formas.

Por exemplo renovar o teu vestiario. Isto non significa que desbotes toda a túa roupa de temporada e que merques o catálogo completo de Massimo Dutti, pero sí que merques um par de novas e modernas pezas de roupa.

Un aspecto fenomenal para sentir a renovación é renovar a casa. E se non queres ou non podes cambiarche de casa, isto é, se non podes cambiar o continente podes cambiar o contido.

Que che parece comezar por renovar o colchón? De todos os cambios que podes realizar na casa, sen dúbida este é o máis liberador.

Na casa podes renovar o enxoval de cociña, a vaixela de festa, estrear nova roupa de cama e novas toallas de baño. Así que... ¿Novo colchón e nova roupa de cama? Sen dúbida, unha boa forma de renovarse, de prepararse para dar entrada ao bo da vida.
Fotografía de R.G
Na casa tamén podes renovar a decoración: comprar novas alfombras ou novos cadros, destribuír o mobiliario dunha forma diferente, e mesmo cambiar a pintura das paredes! Todo vale para darlle un sopro de aire fresco e renovado á casa, e por tanto á túa vida. Estes cambios, de verdade, axúdannos a sentirnos mellor e aínda que poida parecerche difícil, a superar antes unha separación sentimental.

Outro aspecto importante a renovar son os aromas, as fragrancias non só as túas senón tamén as do coche e as da casa. Podes aproveitar para cambiar os ambientadores de casa, os xabóns, as velas. Unha acción tan simple como cambiar o xabón de mans ou o xabón do lavalouzas, renovará a fragrancia de parte da túa casa, e por tanto axudará a renovar o aire na túa vida.

Un aspecto que considero primordial renovar son os xoguetes eróticos. E por motivos de hixiene física (e mental), recoméndoche tirar todos os xoguetes anteriores.

O exercicio que propoño neste post é adicarte polo menos 2h a ir de compras para renovar vestiario e fogar. En palabra de Inditex, Zara e Zara Home. Merca polo menos 2 novas pezas de roupa (por exemplo un pantalón e unha camisa) e unhas sábanass novas (e boas, dunha cor que che encante).  Veste xa nesa cama? Colchón e sábanas novas e esa nova fragrancia a lavanda. Goza da túa renovación de aire fresco.

Anímote a compartir esta publicación con quen creas que lle pode resultar de interese.

Lembra que no primeiro post, aparece a listaxe de todos os pasos para recuperarse con éxito dunha ruptura sentimental.

Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir