15. Facer limpeza e devolver as cousas
Nos post anteriores,
escribín sobre “practicar o desapego”
e “renovarse” como 2 pasos
para recuperarse con éxito dunha ruptura sentimental. Pois ben, estes 2 pasos
creo deben ir acompañados dunha boa limpeza no fogar, a min veume moi ben.
Unha separación amorosa é un
momento fantástico para facer unha
limpeza xeral da casa. Non hai mal que por ben non veña.
Empecemos por abrir as xanelas para ventilar a casa e
que se renove o aire.
Continuemos por abrir os caixóns.
Tirar todo aquilo que non usamos é un exercicio moi liberador. Non significa que o tiremos directamente ao
lixo, senón desfacernos diso, ou llo damos a alguén que o poida utilizar ou o
tiramos nun colector para que o reutilicen.
E terminemos coa tarefa de empaquetar
todo aquilo que sexa da nosa ex parella. Ou é que queremos esas cousas do
noso ex para algo? Non, verdade? Pois ben colocadiño en caixas, para que as
poidan levar facilmente.
Empaquetar
as cousas dunha ex parella, pode resultar moi difícil, mesmo máis que tirar as nosas propias
pertenzas. Unha boa idea para que esta acción resulte máis doada é tratar esas
cousas con agarimo e depositalas con mimo nas caixas. Por suposto, tamén
podemos deixar que sexa a nosa ex parella quen veña a empaquetalas e
recollelas. Con todo, persoalmente esta opción paréceme bastante máis
dura. Paréceme máis difícil por 2 motivos, 1) que a nosa ex parella volve estar na
nosa casa e 2) que queda un espazo que non fixemos nós se non outra persoa que
se vai da casa. Por estes 2 motivos, prefiro ser eu quen recolle.
Unha vez empaquetadas as cousas -lembremos que as caixas
non se van a mover por si soas- teñen que ser transportadas. Alguén ten que
levalas. Ou as levamos nós ou a nosa ex parella ou un coñecido, pero alguén. Isto que parece obvio, pois resulta que non o é, e meses despois da separación poida que aínda nos
sigamos tropezando coas pertenzas da nosa ex parella na nosa propia casa.
A que esperamos para desfacernos
desas cousas? A que as leve, respondemos. Tamén llas
podemos levar nós ou mesmo enviar por transporte.
E a ex parella por que non as
leva? Pois realmente eu non o sei, pero son varias as
persoas que me dixeron que se unha persoa non recolle as súas cousas é porque
así mantén ese espazo ocupado, tenta dalgún xeito manter a súa presenza aí. Así
que o entendo como unha especie de usucapión, coma os cans que marcan o seu
territorio co seu pipí.
Se empaquetadas as cousas, dados varios avisos de entrega, e
transcorrido un tempo prudencial as pertenzas da nosa ex parella seguen nos nosos
dominios porque ao ex non lle deu a real gana de recollelas, desfagámonos
delas, por exemplo, vendámoslas. Móbil en man, unha foto, subir a wallapop
e vendida! Sempre hai unha persoa interesada nun casco de moto ou nunha bici
estática.
Vendelas será unha liberación pois gañaremos espazo e uns cartiños cos
que convidar os amigos a uns viños. Parece un bo plan, se?
E se wallapop non funciona, entreguemos as cousas á beneficencia. Fagamos limpeza con seguridade. Se á ex
parella non lle importou a súa sombrilla da praia en pleno mes de xullo, moito
menos vai chamar para recuperar esa sombrilla no mes de xaneiro.
Facer limpeza tráenos aire renovado, máis espazo nos caixóns e máis amplitude nas
habitacións.
O exercicio que propoño neste
post é aparentemente sinxelo. Abre os armarios do caixón e saca todo para fora.
Limpa o caixón e volve guardar sólo aqullo que uses e precieses. Desfaite do resto de cosas que
nin uses nin precieses. E aquello que non é teu,
devólvello, cun prazo de entrega determinado. Non sintes a liberación?
Anímote a compartir esta
publicación con quen creas que lle pode resultar de interese.
Lembra que no post “Cómo superar unha ruptura en tempo récord” aparece a listaxe dos posts con pasos para
recuperarse con éxito dunha ruptura sentimental.
Vémonos no seguinte paso, no
seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario