13. Practicar o desapego

As parellas temos complicidade, temos mensaxes que só a nosa parella entende, emoticonos reservados para os “nosos” wassups, lugares segredos nos que rememorar eses momentos especiais da nosa relación, cancións favoritas que nos cantamos mutuamente, restaurantes aos que ir en modo parella romántica (as demáis persoas teñen vetada a entrada, claro..)

Pero qué pasa coa complicidade cando a parella se separa? Qué pasa con “as nosas cousas de parella”?  Xa non podemos utilizar esas mensaxes nin emoticonos? Xa non podemos volver por nunca xamáis a eses lugares, a esas cidades, a eses restaurantes? Apagamos Spotify se soa “nosa” canción?

Desde a miña experiencia o máis recomendable é practicar o desapego, o desapego emocional e evitar vincular esas actividades, eses lugares, esas expresións coa nosa ex parella. Para iso unha boa opción é que realicemos esas actividades (saír a cear aos restaurantes) e que visitemoss lugares (esa cidade, ese restaurante) en compañía doutras persoas, que popularicemos as expresións  e os emoticonos que utilizabamos coa nosa ex parella. Canto antes comecemos, antes nos sentiremos liberados pola separación.

E qué pasa cos obxectos, coas cousas? Qué pasa cos millóns de fotos de viaxes (momentos e eventos da nosa relación de parella)? Qué pasa con esa camisa que che poñías porque sabías que lle encantaba?  Doamos á beneficiencia toda a roupa que nos regalou? Enterramos esas lentes de soI?
Neste caso, tamén continuaría practicando o desapego, así que ou ben tiramos as cousas ou ben nos desvinculamos emocionalmente desas cousas.

Recoñéceo ías comprar esas lentes de sol de tódolos xeitos, son o cuarto par que tes igual! Por qué tiralas? Unha boa idea para ser prácticos é evitar vincular á ex parella cos obxectos que usamos normalmente, bens cuxa propiedade poida que xa adquirises por usucapión, polo teu propio uso...  e non por ser un agasallo do teu ex.

Agora ben, se sentes a necesidade de tirar cousas, tíraas. Tira todo aquilo que queiras, porque tirar é unha acción liberadora. Tira o colchón, tira o material deportivo que utilizabades en común e que pide un reposto, tira ese vestido que che regalou e que xa che puxeches demasiadas veces... Ao tirar sentímonos liberados porque facemos espazo nos nosos armarios, na nosa vida, e só tendo espazo poden entrar na nosa vida cousas novas marabillosas. O desapego é o paso previo á renovación, pero disto falaremos noutro post.

En canto ás fotos, teño a miña  opinión particular. Todos coñecemos a unha desas persoas que din entre choron que non poden mirar as fotos dos anos compartidos co seu ex parella. Sempre me pregunto se será porque saen eles mesmos nas fotos...

As fotos forman parte da nosa vida. Sacalas da vista e gardalas é unha forma de practicar o desapego. Con todo, se as tiramos ou as queimamos, xa non poderemos por exemplo revivir as sensacións que sentimos naquela marabillosa viaxe ao ver as fotos. O que vai permanecer desa viaxe co transcurso do tempo é o recordo do lugar, o recordo da compañía (a da túa ex parella) co transcurso do tempo será anecdótico.

Lembremos que a nosa ex parella non ten ningún dereito de exclusividade desa canción, desas mensaxes, deses emoticones, dese restaurante, dese lugar... e polo tanto non pode cobrarnos ningún canon! Podemos facer o que nos pete, ou tiralo ou usalo sen ningún tipo de vinculación emocional.

O exercicio que che propoño neste post, consiste en pequenas accións para practicar o desapego. Escríbelle a un amigo utilizando eses emoticones que utilizabas unicamente co teu ex para proporlle ir a un restaurante que reservabas unicamente co teu ex ou a ese lugar ao que só ías na súa compañía. Aproveita de camiño a ese lugar en compañía do teu amigo, para cantar esa canción que tanto che gustaba desde hai tempo. En definitiva, desvincúlate en compañía de amigos. Qué sentido ten manter o apego?

Anímote a compartir esta publicación con quen creas que lle pode resultar de interese.


Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir