18. Comer e durmir
Nun post anterior sobre cómo superar unha ruptura sentimental con éxito e en tempo récord, falei da importancia de “ Respirar ”. E neste post quero tratar sobre comer e durmir, que ademáis de ser praceres son necesarios para vivir, para vivir con calidade. Calquera contratempo, calquera preocupación aféctanos no sono e no apetito . Qué dicir dunha ruptura? Cómo nos pode afectar unha ruptura na nosa capacidade para conciliar o sono ou na inxesta de alimentos? Comer e dormir ben son pasos para recuperarnos con éxito dunha separación. Un mesmo feito afecta de xeito diferente ás persoa s. Teño unha moi boa amiga e compañeira de traballo que sempre me di, “a situación que a ti che adelgaza a min engórdame”, non é que a mesma situación de estrés laboral faga que eu quede nun espagueti e ela hinche coma un globo, senón que ante a mesma situación o meu apetíto péchase e o seu ensancha. O noso organismo reacciona de xeito diferente. Do mesmo xeito, hai un tempo outra boa amiga compa...