18. Comer e durmir
Nun post anterior sobre cómo superar unha ruptura sentimental con éxito
e en tempo récord, falei da importancia de “Respirar”. E neste post quero tratar sobre comer e durmir,
que ademáis de ser praceres son necesarios para vivir, para vivir con calidade.
Calquera contratempo, calquera preocupación aféctanos no sono e no apetito. Qué dicir dunha ruptura? Cómo nos
pode afectar unha ruptura na nosa capacidade para conciliar o sono ou na
inxesta de alimentos? Comer e dormir ben son pasos para recuperarnos con éxito
dunha separación.
Un mesmo feito afecta de xeito diferente
ás persoas. Teño unha moi boa amiga e compañeira
de traballo que sempre me di, “a situación que a ti che adelgaza a min engórdame”,
non é que a mesma situación de estrés laboral faga que eu quede nun espagueti e
ela hinche coma un globo, senón que ante a mesma situación o meu apetíto
péchase e o seu ensancha. O noso organismo reacciona de xeito diferente.
Do mesmo xeito, hai un tempo outra boa amiga compartiu que a súa última
separación lle afectara moito, coma nunca. E que se lle pechou o apetito e non
fora capaz de probar bocado nuns dias, sen embargo, o sono non se viu afectado.
Pois ben, na última ruptura sentimental, o meu apetito non se viu
afectado. Tiña fame e comía, desfrutaba dos manxares que familia e amigos
cociñaban para que eu desfrutara de momentos agradables. O que se viu afectado
foi o meu sono. E xá non tanto no momento de conciliar o sono, pois ás 23h
horas estaba morta de sono, senon na calidade do mesmo. Non lograba durmir máis
de 3 horas seguidas.
Cómo ser feliz sen unha
alimentación saudable e sen durmir un mínimo de 7 h, á vez que ao corazón está adoecido? Nin idea. Por iso, debemos esforzarnos
en comer en cada comida e intentar durmir. Comer mantén o corpo e durmir o espíritu. Durmir aquieta a cabeza, os nosos problemas foron consultar coa almofada
e así o soño reparador fai que nos ergamos máis felices.
O exercício que propoño neste post trata de conseguir un bo soño. Establecer un ritual do soño, deitarse
á mesma hora e facer antes as mesmas actividades, como por exemplo: Darnos unha
ducha relaxante ante de ir durmir, masaxear o corpo com aceite, cepillar os
dentes e meternos na cama. Na cama,
evitar teléfonos e aparatos electrónicos, evitar calquera actividade que nos
poida alterar o sono (ler, ver vídeos de youtube...), pero facer aquelas que
potencian a relaxación, meditar, escoitar mantras relaxantes....ter sábanas de
tacto agradable, colocar debaixo da almofada un saquiño de lavanda, para que a
súa fragancia impregne a cama e nos axude a relaxarnos, e así poder conciliar o
sono. Un moi bo sono, para poder ter un bo día e estar máis preto de ter
superado a ruptura.
Anímote a compartir esta publicación con quen creas que lle pode
resultar de interese.
Comentarios
Publicar un comentario