16. Recuperar as nosas pertenzas
Agora, que o verán está a
chamar ás portas e que aínda non fai tanto calor, aquí estou na terraza dun
bonito edificio gozando dunhas espectaculares vistas sobre a cidade, escribindo
sobre o amor, o desamor e cómo recuperarse tras unha separación sentimental.
Este post non o tiña previsto, mais xurdiu. Como tamén xurdiu ”¿Mantera amizade tras unha ruptura?”. Este post xurdiu ao ver as reaccións que
provocou o post anterior “Facer limpeza e devolver as cousas do teu ex”. Pois... ¿qué pasa se é o teu ex quen ten cousas que che pertencen e non chas
devolve? ¿Quen non se viu nunha destas?
Roupa, mobles, fotos, xoias...
Os motivos polos que a nosa ex parella non nos devolve as nosas pertenzas
poden ser varios, entre eles,
- está moi atarefada/o coa súa nova vida e non ten tempo para devolvelas,
- quere manter ese lazo de unión invisible. Se, ese que sentimos que desaparece cando lle devolvemos todas as cousas á nosa anterior relación sentimental
- non lle dá a real gana. Témolo claro, sí?
Desde a miña experiencia e
cando a rabia por non gozar das miñas pertenzas non me impedía ver, logrei albiscar 4 opcións ante esta situación. Que marabilloso é poder elixir...
1. Contactar á ex parella e pedirlle que nos devolva o que é noso. Aquí hai
2 cuestións que eu considero importantes a ter en conta
- O prazo. Debemos indicar un prazo máximo de entrega. Para que a devolución non se perda nos tempo dos tempos.
- Non é necesario quedar nin mesmo verse. Pódese utilizar o servizo dun bo amigo que se ofrece a recoller as nosas cousas, ou o servizo de transportes.
2. Practicar o desapego (lémbroche que podes ler o post sobre o desapego) e dalas por
perdidas. Non as necesitamos para vivir, verdade? podemos respirar
perfectamente sen ter ao noso alcance o que algún día foron nosas pertenzas.
3. Ter paciencia e confiar en que o
momento de recuperar as nosas pertenzas chegará. Lembremos que podemos respirar
e por tanto vivir sen as nosas pertenzas que están aínda en poder da nosa ex
parella. E cando poderemos recuperar as nosas pertenzas? Pois cando a nosa ex
parella atope paz interior e sexa capaz de romper o vínculo invisible e devolvérnolas,
ou cando se lle pase o perrinche do egoísmo, ou cando se cansou de andar de
festa e atope un oco na súa axenda para devolvérnolas.
A paciencia, esa virtude tan
difícil de traballar.
4.- Reclamación xudicial por
apropiación indebida. Un pouco excesivo por unha pezas de roupa, sí?
A alguén se lle ocorre algunha
outra forma mellor de recuperar as pertenzas que aínda están na casa da nosa ex
parella? Anímote a compartir o teu parecer sobre este asunto e a compartir esta
publicación se che resultou interesante.
Vémonos no seguinte paso, no
seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario