17. Respirar

Nun post anterior falei de  “Chorar,  rir e sorrir” coma un dos pasos para recuperarnos con éxito tras unha ruptura de parella. E neste post gustaríame falar da importancia de respirar dentro do proceso de duelo.

Si, somella que todos sabemos que se deixamos de respirar, remataremos coa nosa vida. Mais non sempre somos conscientes que respirar ben axúdanos a vivir ben.

En momentos difíciles, como é o trance dunha ruptura sentimental, no que sentimos o corazón abatido e o peito comprimido, e no que  pode parecer que o chan se move e incluso se chega a separar dos nosos pés, é importante ser concientes da nosa respiración.  E deste xeito, desde a consciencia, poder respirar tranquilamente.

A nosa respiración axúdanos a curar moitos males. Axúdanos a sentirnos mellor. Coa respiración estamos dando vida ao noso corpo, á nosa mente...  estamos facendo que os nosos pulmóns ensanchen e que a nosa testa se aquiete... Con ese benestar corporal, o corazón expándese, e os males que estamos a sentir, xa somellan máis pequenos. De amor non se morre, lembra, e sobre todo cando sabemos cómo respirar.


Se te preguntas cómo podemos respirar apropiadamente, aquí un dos posibles xeitos.
Primeiro:  inspirar profundamente polo nariz e ter a intención de encher o estómago de aire, Segundo: reter o aire 1 ou 2 segundos,
Terceiro: expirar pola boca, comezando a mandar o aire desde a parte máis baixa do estómago e Cuarto: volver inspirar.

O exercício que propoño neste post é o seguinte, cada vez que sintamos que os pensamentos e emocións son negativos e que nos fan baixar en espiral cara o máis profundo dun pozo negro, adiquémonos uns segundos para respirar: inspirar, reter o aire, expirar... A sensación que a mín me transmite este xeito de respirar é tranquilizante. Síntela?

Anímote a compartir esta publicación con quen creas que lle pode resultar de interese.

Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir