10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Este post non o tiña previsto, pero surxiu ao ver as reaccións do post anterior sobre a “Comunicación cero”. Este post non é como os demáis. Este post é unha reflexión en alto, mais ben, unha reflexión escrita.

Foron varias as persoas que me contactaron para falar sobre o feito de manter a amizade tras unha ruptura. E vin 2 bandos ben diferenciados,

- Por unha banda, aqueles, e deixame dicir que a minoria, que defendían que era bo e posible  manter a amizade despois dunha separación e
- Por outra banda, aqueles  que, coma min, pensamos que manter a amizade xusto despois dunha ruptura é unha utopía.

Unha moi boa amiga tamén me chamou para dicirme que, se ben a Comunicación Cero era necesaria, tamén era triste non manter ningún tipo de comunicación cunha persoa coa que compartiramos parte da nosa vida e á que tanto quixéramos.

O que eu penso que é triste é dicir que se mantén a amizade xusto despois dunha separación. E opino isto, porque ou ben non se valora a esencia da amizade ou ben mentiouse tanto durante a relación de xeito que había tempo que a parella deixara de existir coma tal.

Unha separación prodúcese por múltiples causas e necesariamente implica a ruptura de lazos de unión. E a ruptura dese lazo de unión pode levar aparellada a perda, ou polo menos a diminución, da confianza na exparella. Polo tanto, pregúntome



¿Cómo manter a amizade cando se rompeu o lazo de unión?

¿Cómo manter a amizade cando se perdeu/diminueu a confianza?


¿Cómo podemos falar de manter a amizade cando nos referimos a unha persoa que non era un amigo senon unha parella?


¿Cómo é posible manter a amizade cunha persoa coa que ata nontronte te deitaches durante os últimos messe/anos da tua vida?

Outra pregunta, que debemos facernos,  ¿é necesario “manter a amizade”?


¿Qué benefícios reposta para ambas parte o feito de manter a amizade tras a ruptura?


E ainda no caso de reportar un feixe de benefícios (eu non vexo ningún feixe, nin ningún beneficio), ¿Non caberia pensar que pasar dunha relación de parella a unha reación de amizade, non require,  polo menos… tempo?


¿Ou é tan doado como darlle a volta a unha carta da baralla? Non son moi boa coas cartas, mais non debe ser tan doado.

Creo firmemente que a amizade, en xeral, non se mantén, porque rachou a unión, diminueu a confianza..... E ainda no caso de “manterse”, do mesmo xeito que pasar dunha relación de amizade  a unha relación de parella, leva o seu tempo, convertir unha relación de parella nunha relación de amizade, se ben, sería posible, precisa tempo. Tempo de separación, na que non hai amizade.

Outro aspecto relacionado con este asunto e  que me parece fundamental, é que á futura e nova parella haille que facer espacio, darle o seu lugar, ¿cómo é posible logralo con éxito se mantemos a comunicación coa nosa exparella e a “nosa amizade” desde o momento cero da separación? A resposta a esta pregunta daría para unha nova publicación.  

E por suposto, o feito de non manter a amizade non impide que tras un período de comunicación cero, de non manter ningún tipo de contacto durante X anos, a vida fai que os camiños se volvan cruzar, se comece a falar de novo, - a ruptura está lonxe e as vidas avanzaron adecuadamente-  e surxa unha nova amizade. Unha amizade tan diferente que termines bailando na súa voda- como invitada, claro!-.

De feito, podemos mirar ao pasado e ver con qué exparella tras X tempo (12 meses, 5 anos..) retomamos o contacto e podemos manter tranquilamente unha conversa. Agora ben, penso que deberiamos preguntarnos  ¿con qué exparellas temos a confianza suficiente para contarlle a nosa vida sentimental actual ainda despois de pasar tropecentos anos? Non é iso senon a amizade?

A verdade é que me gustaría coñecer casos nas que as exparellas “manteñen a amizade”. É o teu? Pola miña experiencia, non somella que moitas. O que teño moi claro é que para “ser amigos”, precísase tempo, tempo de comunicación cero, e tempo para falar sendo moi claras ámbalas dúas partes, ata o punto de facer as paces co pasado. Sobre as paces co pasado, escribirei nun novo post.

A amizade convértese en amor con frecuencia, pero o amor nunca pasa a ser amizade - Lord Byron

Anímote a compartir o teu parecer sobre este asunto de manter a amizade tras unha separación e a compartir esta publicación se che resultou de interese.

Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir