7. Chorar, rir e sorrir
Apiques de rematar esta fría estación de inverno, sinto máis forzas para continuar a escribir sobre o amor, o desamor e cómo afrontar as rupturas. Será que a primavera chama á porta?
Nos días posteriores a unha ruptura podemos sentir ganas de chorar – sempre e cando non choráramos ríos e mares antes da separación e teñamos o dique xa seco;)-. Se sintes ganas de chorar, faino, exprésao, libérate, o choro é liberador. E moito máis liberardor é rir despois de chorar.
O sorriso moviliza multitude de músculos faciais e é un xesto poderosísimo. Qué é o que non se consigue cun sorriso?
E a risa moviliza multitude de músculos en xeral.
Tanto o sorriso como a risa cambian a emoción, transfórmana.
Sorrir.- Así que se se nos “esqueceu cómo sorrir”, se nos custa sorrir ou se non somos capaces de facelo, lembremos o exercicio de SORRIR. Descoida, ninguén nos vai sacar unha foto, e incluso pode ser un sorriso forzado, o importante é o movemento facial.
Colle un lápiz, sitúao diante da túa boca en posición horizontal, ¿si? ¿está? Pois mórdeo, e ensina os dentes, xa estás a sorrir!
Rir.- Podes estar a preguntarte cómo conseguimos rir cando temos o ánimo polo chan. Pois podemos rir facendo actividades divertidas, como ver comedias de risa ou asistir a espectáculos de contacontos. Compartir tempo e actividades con persoas divertidas, tamén axuda a rir, a divertirse. O que se trata é de provocar a risa e incluso de rir sen sentido ... hahahahah ahahhhaha
Cando rimos comeza no noso corpo unha reacción química, o noso cerebro crea serotonina, a hormona da feliciadade... rir é como darlle ao interruptor do benestar.
O exercicio que che propoño é ben sinxelo, ver unha comedia de risa (as pelis románticas e os dramas deixarémolos para más adiante). A mín, "El chavo del ocho" ou "Mr BEAN" fanme rir a escachar e sempre me axudaron moito porque despois de rir síntome moito mellor. Probas a rir sen sentido e sentirte mellor?
Anímote a seguir rindo e a compartir esta publicación con quen creas que lle pode vir ben.
Comentarios
Publicar un comentario