A mentira contamina
Onte fun ver unha peli, "Perfectos Desconocidos". Rin moito. E aparte de rir, fíxome pensar. Fíxome pensar sobre o recurso á mentira e as súas consecuencias. Fíxome pensar en tódalas mentiras que coñezo dentro de parellas e das familias. ¿Paga a pena unha mentira? Eu penso que non. Mais seguro que unha persoa ten un ou máis motivos para faltar á verdade. E por suposto, o motivo non ten porque ser facer dano, mais ben pode ser o contrario, protexer. Ahí atopamos ás famosas mentiras piadosas, aquelas que supostamente se contan para protexer. Versión en español En moitas ocasións podemos pensar que unha mentira piadosa é boa, podemos pensar que a verdade causaralle dor ao receptor e decidimos ocultar parte da verdade e contar esa mentira piadosa… para protexer. Eu sempre me pregunto a quen protexen as mentiras realmente . Pois realmente, dubido que coa mentira se poida protexer a alguén, poida que inicialmente durante uns instantes, máis imposible na totalidade da vida. ...