Vivir nunha grande cidade vs ser da aldea


Este post, é unha continuación do post anterior “Non teño mozo, teño un amigo”, que escribín tras preguntarme unha compañeira de viaxe se eu, que son da aldea e vivo nunha grande cidade, notaba a diferencia entre o mundo tradicional das aldeas e a concepción cosmopolita e supostamente aberta da xente da cidade.

Ela, como dixen no post anterior, quedou abraiada coa miña resposta, abraiada porque compartía as miñas palabras. Eu centreime só na miña experiencia. Aquí as outras 2 experiencias

3.- Os casados habitación queren
Esto pasoume hai ben tempo coa ex familia parisina.  París, outra cidade cosmopolita. Foi nas vacacións. Eu sonche máis de desfrutar no Atlántico ou mesmo no Pacífico. Mais está ben desfrutar de parte das vacacións no Mediterráneo, ainda que sexa coa familia política.

Durmín en moitas casas “de aldea” e nunca vira na miña vida a ninguén invadir a intimidade dunha parella.  Sempre vin a todo o mundo respetuoso co espacio que se lle puido ofrecer a unha parella para pasar a noite, sexa éste máis grande ou máis pequeño, máis luxoso ou máis austero. Sempre vin respeto á intimidade.

Pois ben, non sei que raios lle pode pasar pola cabeza a unha persoa, e que se dá a casualidade que é "de cidade" para entrar de mañá cedo e sen chamar nunha habitación na que está durmindo o seu fillo coa súa parella.  Por suposto, podemos pensar que foi un descoido. Agora ben, volveu pasar ao día seguinte, non era ningún descoido.  Para min eso é unha invasión da intimidade dunha parella. Por moita confianza que teña co seu fillo, débese respetar ese espacio para a parella.  Teña o fillo 18 anos ou 45…  E do mesmo xeito que os pais marcan límites, os fillos tamén os deben marcar, sobre todo no que respecta á intimidade coa súa parella, ¿non, sí?

4.-  Os casados cama queren.
Outra “anécdota” de vacacións con familia urbana. Mais desta volta, noutra beira do mediterráneo e familia orixinaria de Madrid.

Nesa luxosa casa familiar de vacacións no Mediterráneo, tódalas habitacións tiñan as camas separadas. Ben, podía pensar que así da mellor reparto para recibir a visitas e que sempre se poden xuntar. Pois non, non se podían xuntar. Algún efecto repelente, a modo de polos iguais, sufrían as camas entre sí.

Na primeira ocasión que fun a esa casa agardei, confiaba en que me indicaran que, como parella adulta e consolidada, as camas podíanse xuntar.  Esa indicación non chegou.
Na segunda ocasión preguntei se se podían xuntar. Non houbo resposta, somellaba que a miña boca non emitirá ningún son.

Na terceira ocasión -recoñézoo, son ostinada-, fíxeno. Volvín preguntar e a miña parella dixo que sí.  ¿Sería porque á vez que preguntaba estaba xuntando xa as camas? Así que xunteinas! Esa mesma noite xa non tiven que durmir sola. Qué felicidade!… e que pouco me durou pois  á mañá seguinte, despois de erguerme, as camas estaban de novo separadas!! Cómo? Qué pasou aquí? Os “patriarcas” acababan de chegar…. Mais non foron os pais senon o fillo quen as separou. En moitas ocasións os fillos gardan un extraño respeto aos pai.

Por suposto eu non pretendía ter unha noite de sexo salvaxe na mesma casa onde había unha ducia de persoas. Mais unha cousa e non manter sexo salvaxe e outra moi diferente nin acaraciarse ao darse as boas noites. Co maravilloso que é quererse… Por este motivo, nesas latitudes mediterráneas, 4 días sempre me resultaron máis que suficiente.

Podes atopar as outras 2 anécdotas aquí: Non teño mozo, teño un amigo 
Á vista da miña experiencia, a conclusión ante a pregunta da miña compañeira de viaxe, foi que eu non vexo á xente da cidade nin máis nin menos receptiva ca xente das aldeas en canto a relación de parella se refire.

Aproveito para escribir que estou moi contenta de terme criado na aldea e poder viaxar polo mundo con seguridade e coa intención de desfrutar das experiencias que me ofrece a vida. Algunhas exeriencias son mellores ca outras, dalgunhas desfrutamos máis, e de todas aprendemos.
Versión en español

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir