A mentira contamina

Onte fun ver unha peli, "Perfectos Desconocidos". Rin moito. E aparte de rir, fíxome pensar. Fíxome pensar sobre o recurso á mentira e as súas consecuencias. Fíxome pensar en tódalas mentiras que coñezo dentro de parellas e das familias.

¿Paga a pena unha mentira? Eu penso que non. Mais seguro que unha persoa ten un ou máis motivos para faltar á verdade. E por suposto, o motivo non ten porque ser facer dano, mais ben pode ser o contrario, protexer. Ahí atopamos ás famosas mentiras piadosas, aquelas que supostamente se contan para protexer.
En moitas ocasións podemos pensar que unha mentira piadosa é boa, podemos pensar que a verdade causaralle dor ao receptor e decidimos ocultar parte da verdade e contar esa mentira piadosa… para protexer. Eu sempre me pregunto a quen protexen as mentiras realmente. Pois realmente, dubido que coa mentira se poida protexer a alguén, poida que inicialmente durante uns instantes, máis imposible na totalidade da vida.


Cando hai unha mentira, esa mentira pode contamínalo todo, incluso feitos que aconteceron hai 10 anos e sobre os que non existiu ningunha migalla de dúbida. ¿Por qué cuestionarnos algo que ocorreu hai 10 anos e que nos pareceu do máis normal? Porque descubrimos que despois de todo o vivido, unha persoa na que depositamos, nun momento das nosas vidas, toda a nosa confianza, minteunos. E entón pode entrarnos a dúbida de se nos mentiu dende sempre.

Poida que só mentira unha soa vez. Poida que a mentira versara sobre un período anterior ou posterior á relación que mantiveches con esa persoa, sexa de parella ou de amizade…. Mais é unha mentira. ¿E só unha mentira é abondo para borrar toda a confianza? ¿só unha mentira e é abondo para cuestionarnos  toda vida compartida cunha persoa?

Para mín a resposta é afirmativa. Podemos chegar a cuestionarnos todo. Podemoss chegar a cuestionar aspectos que nunca antes nos cuestionaramos en relación a esa persoa. Por qué? Pois porque a mentira contamina. Todo. Sen fin.

A peli “ Perfectos desconocidos”  móstranos mentiras e situacións que somellan incribles, mais é ben certo o dito de que a relidade supera a ficción. E para mostra, un par de botóns

Con esta película, lembreime dese excompañeiro de traballo que con 40 anos de idade levaba máis de 20 anos xunto coa súa parella- estou dacordo, todo un record nos tempos que corren-. Pois el mostrábase sempre como un colexial namorado, mandaba flores tódolos meses a súa muller, acudía xunto cos seus fillos relixiosamente tódolos sábados a misa e… aproveitaba toda cea ou viaxe de traballo para liarse con calquera ser moviente que estivera disponible. E cando digo calquera, refírome a calquera, pois nin a falta de hixiene persoal lle facía recuar.

Con esta peli, tamén me lembrei do caso doutro magnífico profesional da seguridad, e dito sexa de paso, desto das mentiras. Este morría por casar e terminou casando. E a moza que tiña antes de coñecer a quen se convertiría na súa muller, mantívoa.  Así que esto home tenche unha muller en Castilla La Mancha e unha moza en Castilla-León.  Cando lle preguntan onde está a parella, responde sen problema, en Castilla.

A mín a mentira non me gusta, faime dano, por moi boas intencións que teña quen a di. Eu son das persoas que prefiren unha verdade desnuda a unha mentira con rosas. A honestidade é un valor que fai grande a unha persoa.

Reitero, cunha soa mentita podemos chegar a cuestionarnos todo. Por qué? Pois porque a mentira contamina.

E ti, tamén lle tes abersión ás mentiras ou defendes as mentiras piadosas?

Comentarios

  1. Din que só hai unha mentira boa, aquela que se conta para protexer a un ser querido, aquela que se conta por amor. O problema está en a quen lla contas e a quen queres.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. De todos xeitos, hai tempo lin un artigo que dícia ca lingua serve básicamente para mintir. Nalgunhas sociedades tribais fan cos implicados expoñan as súas queixas cantando. Deste xeito parece que é máis complicado mentir. Dito isto, na vindeira ocasión, non esquezas preguntar que tal canta.

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir