O reflexo dos pés


Os pés son o noso apoio. Os pés enraìzannos à  terra. Os pés son a nosa saùde, ou polo menos os pés representan a nosa saùde. Ou eso é o que defenden moitas teorìas. Ou iso é o que mostran moitas imaxes, imaxes que representan as partes do corpo na pranta dos pés. Calquera consulta de calquera podòlogo, ten un par destas imaxes.  Pé dereito, pé esquerdo.

Eu non sei se esas teorìas e esas imaxes son certas. Só sei o que me fai lembrar esta imaxe dos meus pés. 


Esta imaxe faime lembrar a unha das mellores épocas da miña vida, a unha época de despegue. E os pés estàn perfectos, sans.

Pola contra non teño imaxes da época na que os meus pés peor estiveron. Cansos, adoecidos, con durezas e agrietados. ¿Nunca notaches o cansancio? Os meus pés asì estiveron durante unha época na que cada dìa eu ìa esgotando a miña enerxìa vital. ¿Coincidencia? Non, non o creo.

Quero manterme san e por iso coido moito aos meus pés. Eles levan todo o peso do meu corpo, todo o dìa, darriba cara abaixo. Eu coido dos meus pés. E fàgoo diariamente. Coidar os pés é coidar da saùde: remollar, secar, hidratar, masaxear, en definitiva, darlle mimos aos pés.

Neste pequeno post quero agradecerlles aos meus pés que me sosteñan.
Quero agradecerlles aos meus pés que cada dìa avanzo. Avanzo ao por un pé diante do outro.

Véxome con eses pés! Quero volver ter eses pés. Perfectos, sans. Sempre. E por iso os coido diariamente. Graciñas por sosterme, meus pés.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir