¿Cómo te comportas ante a morte?
Diferentes xeitos de comportarnos ante a morte
Polvo es, e en polvo haste converter
Todos sabemos que imos morrer, mais non nos terminamos de crer que imos morrer.
Ou é que vivimos diariamente sendo conscientes de que imos morrer?
Morrer é un verbo, Morte o seu sustantivo.
Morte, esa palabra que soa forte nos nosos beizos e que en moitas ocasións
non queremos escoitar. E moito menos, pronunciar.
-
Ela morreu.
Dixo ela ao outro lado do teléfono
-
Morreu?
– preguntou él sorprendido.
-
Morreu.
Repetiu ela
Fin.
Non, ante esta conversa nunca estamos ante un FIN, así, a secas.
A morte dunha persoa querida ou dunha persoa querida por unha persoa á que
queremos ou apreciamos esperta en nós emocións e accións.
Ante a morte, Cómo nos sentimos? Cómo actuamos? Cada persoa pode actuar de
xeitos diferentes ante a morte.
Cada persoa pode ter sentimentos moi diferentes ante a morte dun ser
querido.
Calquera de nós pode ter sentimentos ante a morte dun ser querido por unha persoa
á que nós tratamos, aínda que non coñezamos directamente á persoa que
morreu. Cómo é isto posible se non
coñecíamos á persoa falecida? Pola asertividade, pola capacidade de pornos nos
zapatos da persoa que tratamos a quen lle acaba de morrer unha persoa querida… Será realmente por isto?
Cómo actuamos cando unha persoa coñecida sufre a morte dun familiar?
Diferentes formas de actuar ante a morte:
-
Responder
que non coñezo á persoa falecida. Así que colgamos o teléfono e non nos
preocupamos pola persoa que coñecemos.
-
Pensar
que a persoa que coñecemos non quererá falar con ninguén,nin ler ningunha mensaxe.
Así que non a contactamos.
-
Pensar
que quererá estar sola. Así que non nos ofrecemos a acompañala.
-
Pensar
que quere estar acompañada. Así que sen preguntar dirixímonos á súa casa.
-
Pensar
que non quere falar sobre esta morte. Así que cando a vemos non nos interesamos
pola morte do seu ser querido.
-
Preguntarnos
se deberíamos contactala. E dicidir non facelo.
-
Preguntarnos
se deberíamos contactala. E decidir facelo.
-
Mandar
un wassup, facer unha chamada, mandar un email…
-
Ir só
ao tanatorio, e quedar 10 minutos.
-
Ir só
ao tanatorio e quedar toda a noite
-
Ir só
ao funeral
-
Ir ao
tanatorio, ao funeral e ao enterro
-
Ir á
súa casa despois do enterro.
-
Ir
tomar algo xuntos despois do enterro.
-
Mandar
flores
-
Non
chamala despois do enterro ata pasados 30 días. E preguntarlle “cómo estàs?”
- Non chamala despois do enterro ata pasados
30 días. E falar do aroma das nubes.
- Chamala despois do enterro, cada día
durante 30 días.
-
Querer
quedar o dìa e a hora que a nós mellor nos convén.
-
Quedar cada día un chisco de tempo
E ante os diferentes xeitos que hai de comportarse ante a morte, eu pregúntome
se non haberá algún comportamento en común, para o común dos mortais.
-
¿Sentirnos
apoidados? Debe de haber moitos xeitos de acompañar sen sentir a
responsabilidade emocional de quen està a sufrir a morte do seu ser querido.
Aínda que sexa cunha simple mensaxe? Cunha aperta? Cun simple “cómo estàs?” acompañado
dunha mirada compasiva – e deixemos claro que a compaixón é ben diferente da
mágoa.
-
¿Sentir
que nos escoitan? Poida que non queiramos saber nese momento cómo se sentiron outras
persoas en situación similares, poida que só queiramos falar, expresarnos…
-
¿Sentir
que as persoas que queremos, ou
que simplemente apreciamos, están ahí? Nos tempos que corren, un simple
wassup pode ser suficiente. E dependen de quen o envíe, pode non selo.
Sinceiramente, penso, que igual que noutras situacións da vida, un xeito común
de comportarnos ante a morte é facendo saber a quen está a vivir a morte dunha persoa
querida, sabemos o que pasou. É un feito real que unha persoa morreu. E punto,
podemos quedar aí.
E tamén podemos facerlle saber que
estamos dispoñibles. Dispoñibles para falar, para escoitar, para vernos, para
acompañar no tanatorio, no funeral, no enterro, despois do enterro, ao día
seguinte do enterro, ao mes seguinte do enterro… ou para o que queira, ou o que
poidamos.
Deste xeito, dámoslle a oportunidade á persoa que coñecemos de que nos diga
o que realmente nese momento quere. Esto é o fin das suposicións.
A dor non ten horario. E o duelo leva o seu tempo. Aí nese tempo do duelo,
é cando as palabras (falamos pronto, quedamos, vémonos cando queiras…) non deben
quedar no esquecemento. Aì é cando a maxia do noso ser pode converter as nosas
palabras en fermosos feitos.
A morte dunha persoa querida nunca nos resulta indiferente, mudan as vidas
das persoas que seguimos vivindo e poden mudar as nosas relacións de parella,
de familia, de amizade, e incluso de veciñanza.
Unha morte abre feridas non pechadas. Aprendamos a pechalas no momento
correcto, a sentir, a reaccionar e a
comportarnos dun xeito consciente ante a morte dun familiar dunha persoa coñecida.
Ninguén está libre. Polvo es, e en polvo haste converter.
Comentarios
Publicar un comentario