Que o mundo siga

 I
Encántame. Teño moitas ganas de sentilo, de sentir o seu aroma, a súa pel, a súa respiración.

Compartir tempo. Mirarnos. Compaxinar as nosas respiracións.

Descubrirnos coa xema dos dedos, divertirnos coas linguas e facer cóxegas coa punta do nariz.


Descubrir e desfrutar de cómo apreta.

Fundirnos nunha aperta, e que o mundo siga.

Entenderémonos? Entendémonos. E que o mundo siga.

II

Eu sorría. El falaba. El insistía en que a señora, referíndose a mìn, decidìa. E afanábase en reivindicar a iniciativa das mulleres.

Chovía. Outra vez falando baixo a choiva, nunha noite de outono. 

Eu sorría. E aceleraba lixeiramente o paso.

O resgardo desa choiva, douna a entrada dunha casa. A dun afamado escritor, na popular 
rùa das letras, en pleno corazón do barrio do arte.

E alí, dous artistas, sorrindo, pararon de  falar para descubrir o sabor dos seus bicos. Deses bicos de xeado sobre os que tanto bromearan no verán. 

E alí, fundidos nunha aperta, beberon da mellor medicina. Do desfrute de cada bico, de cada  aperta, de cada sorriso, de cada palabra…. E que o mundo siga

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir