Sentimentos enfrontados


De mala gana asistín á concentración. Alí estaba ela. Baixo a estatua da xustiza que preside a entrada ao Colexio da Avogacía, a concelleira de medio ambiente e residuos urbanos, -e esposa do actual decano- afanábase en acougar os ánimos dos alí presentes e en explicar as bondades da nova planta de celulosas instalada a escasos 500 metros do Colexio.
-A qué político se lle ocorrería tal toleira?- seguía bufando na miña testa.

A presidenta da asociación da avogacía nova recrimináballe á concelleira que a actual localización non era sostible polos fortes cheiros que desprendía a planta.
Sentín angustiado polo clima pouco amable que se podía respirar nesa concentración.
Dispoñíame a marchar cando alguén me interpela: - Decano, non lle vai a dicir nada á súa muller?. -Si- réspondolle- que a agardo na casa.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir