Este post non o tiña previsto, pero surxiu ao ver as reaccións do post anterior sobre a “ Comunicación cero ”. Este post non é como os demáis. Este post é unha reflexión en alto, mais ben, unha reflexión escrita . Foron varias as persoas que me contactaron para falar sobre o feito de manter a amizade tras unha ruptura . E vin 2 bandos ben diferenciados, - Por unha banda, aqueles, e deixame dicir que a minoria, que defendían que era bo e posible manter a amizade despois dunha separación e - Por outra banda, aqueles que, coma min, pensamos que manter a amizade xusto despois dunha ruptura é unha utopí a. Unha moi boa amiga tamén me chamou para dicirme que, se ben a Comunicación Cero era necesaria, tamén era triste non manter ningún tipo de comunicación cunha persoa coa que compartiramos parte da nosa vida e á que tanto quixéramos. O que eu penso que é triste é dicir que se mantén a amizade xusto despois dunha separación. E opino isto, porque ou ben non se va...
Comentarios
Publicar un comentario