Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2017

12. Adicarnos tempo

Imaxe
Entre viaxe e viaxe, por fin atopei este momento de paz para escribir sobre o amor, o desamor e cómo superar con éxito unha ruptura sentimental. Un dos pasos para recuperarnos da separación é, para mín, adicarnos tempo. Durante os primeiros días, as primeiras semanas, incluso meses, tras unha separación, podemos ter  a sensación que o calendario avanza moito máis rápido que a nosa xestión  das emocións e que o noso proceso de recuperación. Ser conscientes é fundamental. É un bo paso cara diante no proceso de duelo, pois así entendemos mellor que para superar con éxito unha ruptura, precisamos adicarnos tempo. Son moitas as persoas coas que me atopei que consideran que centrarse no traballo axuda a sentirse ben tras unha separación. ¿En serio? ¿Axuda a recuperarse ou a non pensar en qué e cómo nos sentimos tras unha ruptura? Centrase no traballo é para min un xeito de fuxir,  de correr cara ningures, de non afrontar a situación persoal que estamos a vivir, d...

11. Din que un clavo saca a outro clavo

Imaxe
Ésta sí é unha entrada programada, e ata me atrevería a afirmar que moi desexada. Dende que comecei a escribir no blog quería escribir sobre o feito de comezar unha nova relación inmediatamente tras unha ruptura . E quen di comezar unha nova relación, di encadenar un polvo tras outro con persoas diferentes, e todo o tipo de affaires entre a relación e a cadea de folleteos. Así que ante a (ben?) intencionada suxerencia de que un clavo saca a outro clavo: Atención!! ¿Un clavo saca a outro clavo? Eu diría que a resposta é afirmativa ata que o segundo clavo remata e temos que curarnos tamén desa “segunda ruptura”. Así que, voilá, xa non temos unha ruptura senón un totum revolutum de 2 rupturas .  En conclusión, a resposta á pregunta de se un clavo saca outro clavo, para mín, é negativa. Un clavo non saca outro clavo . Por suposto pode haber alguén que sacara un clavo con outro, mais a mín, ata o de agora, non che me foi así. Mais ben todo o contrario… O que está c...

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Imaxe
Este post non o tiña previsto, pero surxiu ao ver as reaccións do post anterior sobre a “ Comunicación cero ”. Este post non é como os demáis. Este post é unha reflexión en alto, mais ben, unha reflexión escrita . Foron varias as persoas que me contactaron para falar sobre o feito de manter a amizade tras unha ruptura . E vin 2 bandos ben diferenciados, - Por unha banda, aqueles, e deixame dicir que a minoria, que defendían que era bo e posible  manter a amizade despois dunha separación e - Por outra banda, aqueles  que, coma min, pensamos que manter a amizade xusto despois dunha ruptura é unha utopí a. Unha moi boa amiga tamén me chamou para dicirme que, se ben a Comunicación Cero era necesaria, tamén era triste non manter ningún tipo de comunicación cunha persoa coa que compartiramos parte da nosa vida e á que tanto quixéramos. O que eu penso que é triste é dicir que se mantén a amizade xusto despois dunha separación. E opino isto, porque ou ben non se va...

9. Comunicación Cero

Imaxe
E unha vez máis lonxe da casa, nunha solitaria habitación de hotel, nunha tarde que somella que a primavera chega por fin, escribindo de novo sobre o amor, o desamor e as rupturas. Creo firmemente que un paso fundamental para recuperanos con éxito dunha ruptura sentimental  é  cortar calquera tipo de comunicación coa nosa exparella. E sempre con educación. Desde a miña experiencia, non ten sentido que sobre todo durante os primeiros meses se manteña unha comunicación constante. De feito, o recomendable é non manter ningún contacto , nin coa túa exparella, nin cos seus amigos, nin coa súa familia. Se non tes fillos nin negocios en común, cal é a finalidade de manter a comunicación? Se temos a sorte de non ter ningunha destas 2 cousas en común, practiquemos a comunicación 0. En consecuencia, eliminémola de tódalas redes sociais e de tódolos canais de comunicación nos que apareza hora de última conexión e estado (skype, messanger, wassup…). Non ter comunicación non ...