12. Adicarnos tempo
Entre viaxe e viaxe, por fin atopei este momento de paz para escribir sobre o amor, o desamor e cómo superar con éxito unha ruptura sentimental. Un dos pasos para recuperarnos da separación é, para mín, adicarnos tempo.
Durante os primeiros días, as primeiras semanas, incluso meses, tras unha separación, podemos ter a sensación que o calendario avanza moito máis rápido que a nosa xestión das emocións e que o noso proceso de recuperación. Ser conscientes é fundamental. É un bo paso cara diante no proceso de duelo, pois así entendemos mellor que para superar con éxito unha ruptura, precisamos adicarnos tempo.
Son moitas as persoas coas que me atopei que consideran que centrarse no traballo axuda a sentirse ben tras unha separación. ¿En serio? ¿Axuda a recuperarse ou a non pensar en qué e cómo nos sentimos tras unha ruptura?
Centrase no traballo é para min un xeito de fuxir, de correr cara ningures, de non afrontar a situación persoal que estamos a vivir, de non enfrentarnos aos nosos sentimentos poñéndonos frente a un espello, mirándonos e preguntándonos qué nos pasa.
¿Quen comparte a opinión de que ter a cabeza inmersa continuamente no traballo axuda a sentirse ben? Eu penso que o que axuda a sentirnos ben e a superar a ruptura con éxito é centrarse no benestar dun. Adicarnos tempo. Coidarnos. ¿Ou vai ser máis importante o traballo que nós mesmos?
Se nos atopamos un chisco perdidos e non sabemos por onde comezar a adicarnos tempo, aquí unhas ideas:
- Asentarse, parar un par de horas cada día
- Ser conscientes de cómo nos sentimos, de porqué nos sentimos así.
- Respirar profundamente
- Sorrirnos
- Agradecer todo o bo que a vida nos deu (incluídos os bos momentos compartidos coa exparella)
- Meditar o que queremos na vida
- Desfrutar daquelo que nos gusta e hai tempo que non facemos: como por exemplo unha cea cos amigos, sair a bailar, unha masaxe, almorzar nese hotel magnífico con vista espectaculares á cidade, sorrirnos...
O exercicio que propoño neste post para conseguir que nos adiquemos tempo é o seguinte: darnos un capricho, unha masaxe. Chamar a un SPA e concertar unha cita para unha masaxe de relax de polo menos 30 minutos. E por suposto, acudir á cita. Senta ben este tempo que nos adicamos, si?
Anímote a compartir esta publicación con quen creas que lle pode resultar de interese.
Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario