11. Din que un clavo saca a outro clavo

Ésta sí é unha entrada programada, e ata me atrevería a afirmar que moi desexada. Dende que comecei a escribir no blog quería escribir sobre o feito de comezar unha nova relación inmediatamente tras unha ruptura. E quen di comezar unha nova relación, di encadenar un polvo tras outro con persoas diferentes, e todo o tipo de affaires entre a relación e a cadea de folleteos.

Así que ante a (ben?) intencionada suxerencia de que un clavo saca a outro clavo: Atención!!


¿Un clavo saca a outro clavo? Eu diría que a resposta é afirmativa ata que o segundo clavo remata e temos que curarnos tamén desa “segunda ruptura”. Así que, voilá, xa non temos unha ruptura senón un totum revolutum de 2 rupturas.  En conclusión, a resposta á pregunta de se un clavo saca outro clavo, para mín, é negativa.

Un clavo non saca outro clavo. Por suposto pode haber alguén que sacara un clavo con outro, mais a mín, ata o de agora, non che me foi así. Mais ben todo o contrario…

O que está claro é que aquí non estamos nunha ferretería, senon no mundo, onde hai parellas que se unen e outras que se desunen. E que nin a nosa parella anterior é un clavo, nin esa persoa maravillosa que estamos a coñecer é outro clavo.

Realmente alguén querería ser considerado o clavo da súa exparella? E moito peor, alguén querería ser considerado o clavo da súa nova parella?

Dende a miña experiencia, é mellor darnos un tempo antes de comezar unha relación, e incluso antes de deitarnos co surfeiro loiro que bañado en salitre nos poñía a mil dende había ben tempo  .

E aínda no caso de non darnos ese tempo e querer XA ter algo – sexa ese algo unha relación, un finde tolo cheo de piruetas, un polvo sacaclavos...- escollamos a unha persoa nova, non a unha vella coñecida.

¿Imaxinádesvos cometendo o mesmo erro 2 veces e ... coa mesma persoa? Si, estou a falar de volver co mesmo “clavo”, con esa mesma persoa, que o universo vos fixo atopar 24horas despois da ruptura anterior. A mín, se a recuperación dese “totum revolutum” de 2 rupturas me ía resultar igual de complicada e levar o mesmo tempo que na ruptura anterior.... sairía correndo para o aeroporto a coller o primeiro avión cara un destino a máis de 3.000km, mínimo. E xa volvería... cando “as volvoretas do estómago deixaran de revolotear e a cabeza volvese pensar e non se deixase engatusar por pequenos diaños".

Se realmente queremos ter unha relación sentimental sana no futuro, o mellor, para mín, será adicarnos tempo tras a ruptura e ir paso a paso no proceso de duelo, sen saltar ningún. Graciñas amigas que en momentos de incertidume sempre estades ahí para lembrarnos que non saltemos ningún paso;) 

Así que  en lugar de ir na procura de clavos á ferretería, eu recomendaría, primeiro estar xenial con nós mesmos e despois comezar unha nova relación.

Se nunha situación de posible "sustitución de clavos", a cabeza non pensa, as volvoretas revolotean no estómago, tes ao pequeno diaño dicíndoche UN CLAVO SACA A OUTRO CLAVO e non tes xunto a ti, nese momento, ao anxo da garda encarnado nun bo amigo que che axude a evitar a catástrofe, proporíache un rápido e urxente exercicio. Vai ao baño, lava a cara, mírate ao espello e responde ¿que é o que quero?. Lembra sorrír;) responde outra vez ¿que é o que quero?

Anímote a compartir esta publicación con quen creas que lle pode vir ben.

Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir