9. Comunicación Cero

E unha vez máis lonxe da casa, nunha solitaria habitación de hotel, nunha tarde que somella que a primavera chega por fin, escribindo de novo sobre o amor, o desamor e as rupturas.

Creo firmemente que un paso fundamental para recuperanos con éxito dunha ruptura sentimental  é  cortar calquera tipo de comunicación coa nosa exparella. E sempre con educación. Desde a miña experiencia, non ten sentido que sobre todo durante os primeiros meses se manteña unha comunicación constante. De feito, o recomendable é non manter ningún contacto, nin coa túa exparella, nin cos seus amigos, nin coa súa familia. Se non tes fillos nin negocios en común, cal é a finalidade de manter a comunicación?

Se temos a sorte de non ter ningunha destas 2 cousas en común, practiquemos a comunicación 0.

En consecuencia, eliminémola de tódalas redes sociais e de tódolos canais de comunicación nos que apareza hora de última conexión e estado (skype, messanger, wassup…). Non ter comunicación non significa pedirlle aos teus amigos que a eliminen das rrss. Eles son libres de facer o que queiran, mais é bo habilitar as opcións de privacidade para que non recibas información sobre as súas novas. 

Sen comunicación, sen contarnos qué facemos, cómo nos sentimos, podémosnos sentir inquietos. Sen embargo, é preciso comezar nalgún momento. E xa que os hábitos créanse con 21 días, canto antes comecemos, mellor. Podemos empezar pouco a pouco, primeiro 1 día, despois 1 semana e despois 21 días...ao conseguir o hábito xa non precisamos comunicarnos coa nosa exparella, e podemos marcar un novo prazo, por exemplo, 90 días, e  así sucesivamente ata que sintas que a ruptura queda lonxe, moi lonxe.


Se logramos manter a comunicación 0, por un lado, precisaremos menos tempo para recuperarnos da ruptura e por outro o espacio de parella estará completamente libre para ser ocupado por unha persoa moito máis afin a nós.


Propóñoche un exercicio: eliminar calquera rastro do seu contacto;) Soa duro? Aquí uns trucos.

Se o consideramos oportuno, podemos comunicarlle con educación á nosa exparella que o imos eliminar das rrss, e indicarlle cómo pode contactar con nós (chamada de teléfono, mail, sms, sinais de fume...), e únicamente no caso en que os marcianos veñan invadir a terra e o único xeito de salvar o planeta fose que nos contactara.

Agora os trucos: Cada día da semana, ao levantarte, elimina o contacto da túa exparella dunha rede social. Por exemplo: primerio pode ser facebook, despois instagram, despois linkedin e así diariamente ata que xa non che quede nin o seu número de telefono no teu dispositivo móvil. É un proceso gradual. Se o precisaramos, porque nos custa premer en “SEGURO QUE DESEXAS ELIMINAR CONTACTO?” podemos arquivar as mensaxes, e pasados uns dias  (3, 4 ou 10) eliminamos diariamente un arquivo, ata quedar sen nada. 

O refraneiro popular é moi sabio, ollos que non ven - e eu engadiría:  oídos que non escoitan-, corazón que non sinte.

Se che resultou interesante este post, podes compartilo con quen creas que lle pode vir ben.

Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir