¿Chegas a tempo ou eres puntual?


Vinme na obriga de escribir este post.
Resulta que dentro dun curso que estou a facer, tiña que presentar un traballo.Sí, eu sí tiña que presentar un traballo, non me ían dar o título dun xeito adaptado coma á archicoñecida expresidenta automómica madrileña nin me ían convalidar os meus estudios universitarios como a P. Casado. Mais esta é outra historia.
A cuestión aquí é que tiven que presentar un traballo. Un traballo sobre mín. Para o cal era necesario unha avaliación de persoas próximas, no ámbito familiar, persoal e profesional. 3 aspectos positivos e 3 negativos. Soaba ben. O traballo resultoume de grande utilidade, mais esta tamén é outra historia.

Á vista das respostas que recibín das persoas próximas a min, decidín ou mellor dito, sentinme na obriga de escribir estas verbas e poder dar o meu parecer.


Houbo un aspecto negativo que se repetía e resulta que eu ese aspecto non o considero negativo, senon unha característica da esencia da miña persoa. E resulta tamén que os profesores do curso tampouco consideraban este aspecto como algo negativo.

Ese aspecto é a IMPUNTUALIDADE
¿Qué é a puntualidade? ¿Qué é a puntualidade PARA TI? O concepto que cada un ten sobre a puntualidade pode ser moi diferente.

O tempo é relativo. E isto non o digo eu senon Einstein na súas páxinas sobre a Teoría da Relatividade.

O tempo é unha unidade de medida. As unidades de medida axudan a organizarnos. Por unha hora axuda a organizarnos no tempo. Para saber sobre qué hora aproximadamente comerás ou sobre qué hora quedaches para manter esa agradable conversa.

Se falamos dun colectivo ou de actividades dirixidas a un colectivo como o inicio dunha peli, a saída dun avión, o inicio dunha visita guiada…. é necesario chegar antes desa hora indicada para evitar perder a peli, o avión ou a visita.

Hai persoas que se poñen como energúmenas cando alguén chega 10 min máis tarde do previsto ou incluso cando eles mesmas chegan lixeiramente “tarde” – ante estas situación pregúntome que qué necesidade haberá de desenvolver unha úlcera de estómago.-  Eu prefiro que todo o mundo estea tranquilo aínda que alguén fora impuntual antes de que alguén chegue tolo e atolondrado por querer chegar exactamente á hora indicada.
E algunha das mesmas persoas, que gostan da puntualidade, que critican ás persoas impuntuais, que somella que se esforzan en crear esa úlcera estomacal ante casos de impuntualidad, non teñen ningún reparo en presentar un escrito administrativo ou un informe empresarial fora de prazo.  ¿Iso non é ser impuntual?

E unha segunda pregunta,  ¿Non ser puntual é unha falta de respeto?
Primeiro deberíamos indicar que é para cada un de nós unha falta de respeto. Ser impuntual non é unha falta de respeto. Unha falta de respeto pode ser ter a unha persoa agardando por nós 1 hora á choiva, sen avisar… de que non imos ir! Ou facer que unha persoa perda de ver o inicio dunha peli por esixir que nos agarde.

Hai quen pode pensar que ser impuntual implica non respetar o tempo dos demáis. E efectivamente puidera ser así. Mais non é necesariamente así. Unha persoa pode ser impuntal en canto non chega exactamente á hora indicada –indicada para a organización estimada do tempo- e pode ter o máximo respeto polo tempo dos demáis. 

As persoas impuntuais non pretendemos que durante o tempo que transcorre entre a hora indicada aproximada e a hora de chegada efectiva, a persoa puntual estea sostendo un cartel de 10 kg que nos dá a benvida ante a nosa chegada. É dicir, pode facer un recado, ler un par de páxinas dun libro ou responder ao wassup recibido hai 2 horas. Unha persoa impuntual non pretende ser o centro de atención, nin ultraxar os demáis, nin faltarlle o respeto a ninguén. Simplemente, tomou a hora INDICADA como INDICATIVA na organización do tempo, das 24 horas que ten o día.

E por suposto pode darse o caso de que unha persoa puntual non respete o tempo dos demáis. Por exemplo, chegou exactamente á hora indicada e non ten o menor reparo en manterse ao teléfono 30 minutos dos 50 minutos que durou o encontro. A falta de respeto non está no feito de ser ou non puntual.


E unha terceira pregunta, ¿Ser impuntual é unha mostra de irresponsabilidade? Dito doutro xeito, ¿quen é impuntual é necesariamente irresponsable?
A resposta tamén somella ser negativa. Pode ser que a persoa impuntual non teña a capacidade de chegar sempre a hora indicada exactamente. Mais aquela persoa que non chegou á hora indicada pode que non fora puntual mais sí que chegara a tempo.  

E unha cuarta pregunta, ¿O importante é ser puntual ou chegar a tempo?, isto é, ¿chegar á hora indicada, ou chegar a tempo?
Respondo cun exemplo. Hai uns meses, quedei cunha boa persoa á que había 5 anos que non vía. Quedamos. El chegou. Eu aínda non chegara. Él sabía que eu ía chegar máis tarde da hora indicada. El desfrutou dun fermoso paseo con bonitas vistas ata que eu cheguei.  Eu cheguei a tempo para collermos o tren. E chegamos a tempo para ver o solpor desde o  alto do monte. Alí, vendo o solpor, díxome: “eu fun puntual, eu cheguei á hora que acordaramos, mais non chegaría a tempo aquí e perderíame este espectáculo da natureza”. 

Chegar puntual non é o mesmo que chegar a tempo. Chegar a tempo para ter esa conversa, para compartir risas, para dar unha forte aperta, para tirar pola maleta, para por o ombreiro…. Chegar a tempo non é ser impuntual. Eu prefiro chegar sempre a tempo;) E ti?

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir