To pee or not to pee


To pee or not to pee. É o título dun capítulo da serie “Sex and the City” no que a protagonista, Carrie Bradshaw, se lía cun político en plena campaña electoral. Tras unha noite de sexo, ese tipo dille que a deixa temporalmente seguindo a recomendación do responsable de comunicación da campaña electoral para evitar que as publicacións de Carrie nun xornal neoyorkino se relacionasen co político en cuestión.  Quen queira saber o porqué do título, recoméndolle ver ese capítulo da serie. Unha pista: vai dunha práctica sexual.

A mín, coma a Carrie Bradshaw, tamén me gusta escribir, aínda que eu non me gano a vida nin escribindo nin actuando. Gústame inspirarme nas experiencias Nas experiencias tanto propias como alleas. E deixar fluir a imaxinación. Os posts son prosa baseada nas experiencias. Os posts son literatura. Aínda que a realidade poida superar á ficción, os posts son ficción.

Así que home, muller, mollabragas, mozo que aínda mexa na cama, empotrador sensible - e non tan sensible- esporádico sufridor de disfunción eréctil,  xeneroso, egoísta, surfeiro, ciclista, enxeñeiro, avogado, policía, bombeiro, francés, alemán, madrileño, galego, alto, baixo, loiro, moreno, solteiro, casado …. E ao fin e ao cabo, persoa… Tranquilo. Os posts non reflexan a miña vida, nin a de ninguén. Nin esa vida de calquera é exactamente como poden contar os posts. É a maxia de escribir.  A literarura.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir