8. Compartir tempo cos amigos
Quen ten un amigo ten un tesouro, reza o refrán popular. E polo tanto, creo firmemente que un dos pasos para recuperarnos con éxito dunha ruptura é compartir tempo coa nosa xente querida: coa familia e cos amigos. Hai quen afirma que nas rupturas, como un dos momentos difíciles da vida, descubrimos quen son os verdadeiros amigos. Afortunados aqueles que coma nós cultivan diariamente a amistade e que gozan dun exército de amigos. Un amigo de verdade vainos escoitar as veces que faga falta. Agora ben, se temos a sorte de contar cun grupo de amigos a mín paréceme interesante quedar con eles individualmente, e así poder verbalizar as emocións con persoas diferentes, poder ser escoitada en múltiples ocasións e profundizar tamén nos sentimentos que a túa propia ruptura provoca nos teus amigos e no que eles sentiron en situacións similares e o cómo se sinten en xeral na súa vida. Compartir tempo cos amigos ten un efecto positivo para tódalas partes. Un amigo de verdade vain...